Equipo Dinamización da Lingua Galega
XORNAL ADIANTE 23
Un ano máis achegamos o xornal Adiante, creado con agarimo polo alumnado do CRA.
Desta vez optamos polo formato dixital por dous motivos: o plan de dixitalización que estamo a levar a cabo no centro, e, o encarecemento dos materiais de papel impreso que xa leva tempo sen ser acorde co noso orzamento.
Deste xeito convertímonos tamén en coidadores do medio ambiente minimizando o uso de papel.
Tan bonito e interesante coma sempre, para que desfrutedes como nunca!
INTERCENTROS 2023
Esta semana tivo lugar o XXXII Certame Intercentros Concello de Narón.
O CRA participou na súa totalidade na modalidade de murais , facendo cada aula unha representación de diferentes "Recantos con encanto" da nosa contorna máis próxima, empregando diversas técnicas plásticas.
SEDES O VAL (4º EI)
O VAL ( 5º EI) O VAL ( 6º EI)
O VAL (1º EP) O VAL (2º EP)
O VAL (3º EP) O VAL (4ºEP)
DOMIRÓN ( 4º EI) DOMIRÓN (5º EI) DOMIRÓN (6ºEI)
E tamén participou na parte de expresión oral coas seguintes actuacións: tres cancións e dous poemas dramatizados.
Non vos perdades a estes grandes artistas do CRA no escenario do Pazo da Cultura, bravo por todos eles!!
DÍA DE ROSALÍA 2023
EN TEMPOS DE ROSALÍA...
O día 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía, para iso, retrocedemos aos nosos antepasados para recrear como era o mobiliario e como vestían nos tempos desta autora. Foi moi divertido tanto o proceso da actividade como logo ver o resultado nestas fotos tan bonitas. A ver que opinades vós, non deixedes de velas!
INTERCENTROS 2022
Estos foron os murais cos que participamos na exposición de Intercentros, cada unha das aulas fixo a súa representación plástica baixo o lema " Recitado ben falado"
SEDES DOMIRÓN 4º E.I.
DOMIRÓN 5º E.I. DOMIRÓN 6ºE.I.
O VAL 4º E.I. O VAL 5º E.I.
O VAL 6º E.I. O VAL 1º E.P.
O VAL 2º E.P. O VAL 3º E.P.
O VAL 4º E.P.
DÍA DE ROSALÍA 2022
Este ano celebramos o día de Rosalía en tódalas escolas do CRA, cunha actividade que denominamos: Rosalía na rúa, traballamos na aula diferentes poemas ou frases da autora e despois plasmámolas nunha tea que colgamos na rúa, ben en mobiliario urbano ou nas cancelas das escolas. Tamén se fixeron recitados dos poemas e plantación de pensamentos que era a flor preferida da escritora. Aí tedes un vídeo coa mostra dalgúns momentos do día.
Revista Adiante nº32 2021
24-F: Día de Rosalía
Polo día de Rosalía, o pasado 24 de Febreiro, o equipo de Normalización Lingüística do CRA propuso que cada aula, fixera un mural cunha palabra representativa da Galiza, para facer un gran mural coas mesmas, este foi o resultado confiamos en que vos guste tanto como a nos:
DIA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este ano para conmemorar o día de ROSALIA DE CASTRO centrámonos no conto de "Parece unha rosa" e nos poemas de "Chove miudiño" e "Rosalía pequeniña". Destes recursos seleccionamos diferentes verbas para investigar sobre elas.
Cada clase traballou sobre unha verba e despois fixemos unha composición para poñelas en común e poder así coñecer as que fixeron nas outras aulas.
No seguinte vídeo podedes ver os marabillosos traballos que fixeron os nenos e nenas do CRA de Narón:
MATERIAL PARA O DÍA DE ROSALÍA
Aquí tedes o material para empregar de elemento motivador para o día de Rosalía. Primeiro o video do libro: Parece unha rosa e a continuación as cantigas Rosalía pequeniña e chove miudiño
Cantiga: Rosalía pequeniña de Uxía
Cantiga: Chove miudiño de Uxía
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
