Novas
INSCRIPCIONS PARA MADRUGADORES ,COMEDOR E TARDONS.CURSO 23/24
Enviado por AnpaCra o Xov, 03/08/2023 - 10:56AQUI VOS DEIXAMOS A LIGAZON DONDE PODEDES ATOPAR O FORMULARIO PARA INSCRIBIRSE :
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-6WfhTCarkEArHYmxjfvHmF_ZIFXm...
LA REINA DE LAS GALAXIAS Y EL CORONAVIRUS
Enviado por AnpaCra o Mar, 21/04/2020 - 08:30https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=_Eg9FkmGBl8
Hola familias!
Neste enlace podedes ver unha obra de teatro ideada e executada por Saila e Mon e a súa filla Alma, da clase de 5 anos de DOMIRÓN.
Esta familia tan creativa inventou unha historia para achegar ós mais pequenos a situación que estamos a vivir por mor do coronavirus, dunha maneira divertida e moi orixinal.
Esperamos que vos faga pasar un ratiño agradable que tanto necesitamos.
Unha aperta,
ANPA CRA NARÓN
OCA DE LAS OLIMPIADAS
Enviado por AnpaCra o Lun, 30/03/2020 - 16:04Ola familias!
Queremos mardarvos todo o noso ánimo para esta situación que estamos a sufrir.
Unha boa idea para pasar estas semanas da mellor forma e facendo manualidades cos nosos fillos.
E como os papis e mamis do CRA son moi creativos aquí os deixamos unha OCA feita por María a nai de Alex, da clase de 4 anos de Domirón.
Agardamos recibir máis das vosas creacións!
Unha aperta moi cariñosa dos membros da ANPA.
RESISTIREMOS UNIDOS!
#euficonacasa
ÁNIMO FAMILIAS!!!
Enviado por AnpaCra o Mar, 17/03/2020 - 09:20Dende a Anpa queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todas as persoas que formamos parte de esta gran familia que é o CRA DE NARÓN.
Esta situación a que nos estamos a enfrentar é nova para todos nós así que temos que actuar conforme as normas que nos están a dar e seguir as recomendacións para evitar un contaxio masivo.
Sabemos que serán momentos compricados así que trataremos de pasalos o mellor que poidamos con nosos fillos e fillas, dentro do noso fogar ata que poidamos voltar ó cole.
Moito ánimo e forza para todas as familias e á equipa educativa do CRA!!!
ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS
Enviado por AnpaCra o Mér, 04/12/2019 - 08:59LUGAR: SEDE DO CRA, en San Xiao
DATA: 11 DE DE CEMBRO DO 2019
HORA: 18.00h en primeira convocatoria e 18.30h en segunda
ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2º Informe económico.
3º Renovación, se procede, cargos da xunta directiva.
4º Rogos e preguntas.
En NARON, A 3 DE NOVEMBRO DO 2019.
Visita Museo de Historia Natural
Enviado por AnpaCra o Mér, 23/10/2019 - 10:31O vindeiro Sábado 29 de Outubro ás 11:00h iremos a unha visita guiada ó Museo de Historia Natural de Ferrol.
Para apuntarse podedes escribir o mail do Anpa ata o día 26 de Outubro.
Pasarémolo xenial!!!
BENVIDO OUTONO
Enviado por AnpaCra o Lun, 14/10/2019 - 08:11Comenzamos un novo curso cargados de ilusión e ademáis damos a benvida a esta estación do ano que nos deixa cores e paisaxes tan máxicos.
Dende a ANPA queremos recordar a tarefas que estamos a desenvolver no presente curso:
- continuamos co servizo de madrugadores no DOMIRON e implenmentámolo na escola do VAL
- organizamos as actividades extraescolares (ROBÓTICA, COCIÑA E PREDEPORTE) e as xestionamos cada mes
- xestións con CONCELLO (subvencións, diferentes reunións, papeleo...)
- estamos a preparar actividades para este trimestre relacionadas con coidado do medio ambiente (temática que xa tratamos o curso pasado)
- participar de forma activa no Consello Escolar
Por todo isto, é necesario recordar a importancia de facerse socio desta, nosa asociación.
E recordade, para calquera dúbida, pregunta ou suxestión podedes escribirnos ó noso mail: ampacranaron@gmail.com
FELIZ VERÁN
Enviado por AnpaCra o Lun, 24/06/2019 - 17:40Dende a ANPA do CRA de NARÓN queremos desexar a todo o alumnado así como ós profes e toda a equipa educativa un feliz verán.
Este curso que rematou tivemos iniciativas de dístinta índole:
- Colaboramos coas familias de Pedroso para tratar de reabrir a escola que pertence ao CRA
- Participamos na CABALGATA de REIS de NARÓN
- Fixemos un ciclo de coidado do medio ambiente con limpezas de praias e visita a unha exposición de fotografía de Cristina Mittermeier (National Geografic)
- Asistimos a un taller de IOGA EN FAMILIA
- Visitamos EVO SKATE PARK onde nos ofreceron unha exhibición de skate
- Organizamos as festas de SAMAÍN e de FIN DE CURSO
- Servimos un chocolate con churros para todos os alumn@s e profes no NADAL
Este ano se implementou o servizo de madrugadores na escola de DOMIRÓN, e o ano que ven tamén comenzará a funcionar na escola de O VAL.
Ademais, como cada ano, organizamos as actividades extraescolares que contaron con gran participación. Este ano tivemos: cociña, predeporte e robótica.
E colaboramos nas excursions, financiando parte das saídas.
Esperamos que os nosos socios e socias poideran desfrutar das nosas actividades.
Estamos abertos a calquera tipo de suxestión, iniciativa ou ideas.
Para eso temos o email (ampacranaron@gmail.com);teléfono 622 756 938; buzóns de suxestións nas escolas e calquera de nos estará disposto para o que necesitedes.
CAMBIO UBICACIÓN FESTA PIRATA FIN DE CURSO DA AMPA
Enviado por AnpaCra o Lun, 10/06/2019 - 06:38Por motivos alleos a nós, vémonos na obriga de cambiar a ubicación da festa de fin de curso do día 16 de Xuño de 2019 para SEDES na FEIRA DO TRECE.
Agardamosvos a todos para pasar un día....PIRATA!
AMPA CRA NARON
