Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Equipo Directivo, Que é o CRA?, Contacto, Calendario escolar

ADMISIÓN DE ALUMNADO


Escola de DOMIRÓN :
O número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas polo que é necesario BAREMAR

Presentación de documentación acreditativa dos criterios do baremo : ata o 26 de maio
Lugar : Sede do CRA en SAN XIAO de 10 a 13

Seguindo  as normas de seguridade :

* Respectar a distancia.
* Uso de mascarilla.

Escolas de  O Val e Sedes : todo ao alumnado que fixo solicitude ten praza.

URXENTE : Renovación de Transporte escolar

 

 Antes do 29 de MAIO precisamos que entreguedes a RENOVACIÓN do TRANSPORTE

 

Para facer a renovación online, podedes  descargar e envíar o impreso cuberto , vale escaneado,vale foto clara a: cra.naron@edu.xunta.gal poñendo no asunto: Renovación e o curso. ( Preferentemente esta opción )

 

enlace ao impreso

 

Se non podedes e  tedes que facelo de xeito presencial  o horario de entrega será de 9 a 14:00 na SEDE do CRA  en San Xiao.

 

Normas a seguir ao acudir ao centro:

 

  • Procurar traer o impreso xa cuberto de casa.
  • Respectar as distancias de seguridade
  • Traer un bolígrafo propio.
  • É recomendable acudir con mascarilla.

 

Lembrade que  debido ao Covid é OBRIGATORIO este requisito para poder organizar o transporte para o vindeiro curso  

 

FONDOLIBROS: SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

19/05/2020

 

Dende mañá, día 20 de maio, ata o 19 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

 

    Enlace á Orde

 

   Enlace ao impreso de solicitude (anexo I y II)

 

A solicitude poderá presentarse presencialmente no  sede do CRA (de 09:00 a 14:00 horas) ou na sede electrónica da Xunta.

 

Notas importantes sobre o proceso:

 

Normas de acceso ao centro  para as familias que presenten a solicitude presencialmente:

 

  • Traer un bolígrafo propio.
  • Vir con mascarilla.

 

Para evitar masificacións , prégase aproveitar para entregar na SEDE ,o mesmo día que vos cite a vosa titora para ir buscar os materiais ao cole.

 

Reanudación da ADMISIÓN ALUMNADO

 

A Xunta de Galicia ven de presentar os NOVOS PRAZOS : 

"O prazo de presentación de solicitudes de admisión irá do 11 ao 18 de maio, ambos os dous días incluídos. Canto á presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, a data máxima é o 26 de maio. As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído deberán publicarse antes do 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño. 
O prazo de formalización de matrícula irá do 1 ao 10 de xullo "

 

Debido a situación na que nos econtramos establécense as seguintes normas:


 

- Soamente se atenderá con cita previa no teléfonos 626 422 080. 

- Recoméndase de ser posible  a presentación  telemática  na  aplicacion admision alumnado.
- Á hora de entregar a documentación solicitada só se permitirá a entrada dunha única persoa agás  casos debidamente xustificados.
- Prégase uso de luvas e mascarilla.
- A documentación para presentar podédela atopar aquí.

coordenadas:

43°31'50.0"N 8°09'53.5"W

43.530542, -8.164869

Cómo llegar con google maps:

https://www.google.es/maps/dir//43.530542,-8.164869/@43.530542,-8.1654162,170m/data=!3m1!1e3

 
Se queredes facer os trámites telemáticamente pincha aqui para máis información.
 
Moitas grazas pola vosa comprensión

As entrevistas iniciais coa Orientadora que estaban previstas iniciar a vindeira semana quedan aplazadas .Aínda non sabemos  cando as autoridades sanitarias permitirán a súa realización . Estade pendente desta web . 

Para calqueira dúbida  estamos no 626 422 080 ou en cra.naron@edu.xunta.gal