¿Qué é o departamento de Orientación?
BENESTAR EMOCIONAL
O Departamento de Orientación do CRA quere seguir acompañándovos na tarefa de atender as necesidades da comunidade educativa e o benestar emocional do alumnado. Aquí vos deixamos un documento do EOE sobre o benestar emocional.
Non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
CONTA CON NÓS
Estimadas familias,
Este confinamento pola pandemia da covid-19 estanos levando a vivir situacións antes inimaxinables. Como persoas adultas pode resultarnos complicado adaptarnos a esta nova vida en non-sociedade, pero para os nenos e nenas tampouco é doado. Por esta razón nos parece importante recordarvos que si detectades algunha necesidade nas vosas cativas e cativos na que vos poidamos axudar non dubidedes en contactar connosco
FUNCIÓNS DO DEP. DE ORIENTACIÓN
Servizos para atención á diversidade
O Departamento de Orientación é un servizo para atender a diversidade. Entre os seus obxectivos citamos:
- Identificación temperá de necesidades educativas
- Intervención de apoio ou reforzo ao alumnado para avanzar na prevención dos problemas de aprendizaxe
- Revisión e/ou modificación de medidas de apoio e reforzo
- Asesoramento ao profesorado e ás familias
Para a consecución destes obxectivos, o Departamento conta cun Plan Anual de Orientación, no que se planifican as actuacións para cada curso educativo. Conta asimesmo con recursos específicos para a observación, avaliación e apoio a aqueles alumnos e alumnas que presenten algunha dificultade educativa.
O departamento de Orientación está constituido polo conxunto de profesores e profesoras que interveñen na atención á diversidade:
- ORIENTADORA: a súa tarefa principal en relación cos alumnos e alumnas é axudar na avaliación das necesidades educativas, e na concreción das medidas de apoio ou reforzo, así como asesorar ás familias e ao profesorado.
- PROFESORA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: a súa tarefa céntrase en colaborar na avaliación e intervir nas dificultades xenéricas de aprendizaxe .
- PROFESORA DE AUDICIÓN E LINGUAXE: a súa tarefa céntrase na intervención, avaliación e seguemento das dificultades de aprendizaxe relacionadas coa linguaxe.
- PROFESORAS DE APOIO XENÉRICO: a súa tarefa é a de colaborar cos profesores titores naquelas aulas con máis dificultades derivadas da súa composición, ou da escolarización nesas aulas de alumnos ou alumnas que presenten algunha necesidade educativa.
Na prevención e intervención das dificultades de aprendizaxe está implicado todo o Colexio, titores, profesores especialistas e profesores de apoio, e tamén as familias para acadar o obxectivo básico e fundamental de que todo o alumnado acade o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.
Naqueles casos ou situación nas que as familias observen ou estean preocupadas por algún aspecto da escolarización dos seus fillos, o primeiro paso será comunicar esas preocupación aos profesores/as titores que atenderán as inquedanzas das familias.
Os profesores e profesoras do Departamento de Orientación queren tamén poñerse á disposición das familias para atender calquera dúbida ou preocupación sobre a educación dos alumnos e alumnas, especialmente daqueles alumnos e alumnas que na actualidade teñen algunha intervención de reforzo ou apoio.
Para comunicarse cos profesores e profesoras do Departamento, as familias poden avisar aos profesores titores ou á Orientadora, SUSANA, no tfno:696920190
Cada ano nos reximos por un Plan Anual de Actuación . Este é o correspondente a este curso. Aquí tedes a adptación que fixemos para este 3ºtrimestre