Emociona-T
Na aula de 2º traballamos as emocións.
Na nosa aula fixemos diferentes actividades para traballar as emocións: representamos caras e escribimos as emocións empregando diferentes materiais, fixemos nunga cartolina a encrucillada das emocións coas letras do apalabrados e ademais temos un panel cada un coa súa tarxeta onde podemos marcar como nos sentimos en cada momento da mañá.
CONTACOMIGO: SOY UN NARVAL
Esta semana tivemos a visita da mamá de Valería, veu contarnos un conto: "Soy un narval".
Un conto xenial cheo de purpurina e valores positivos. Traballa a autoestima d@s nen@s,
todos e todas temos unhas habilidades e fortalezas que fainos únic@s e especiais.
Despois convertímonos nun Narval.
Entre tod@s vimos as nosas habilidades e decoramos o noso amigo con purpurina e lentejuelas.
Quedou moi BRILLI-BRILLI!
Pasámolo moi ben e encantounos todo o que preparaches para este día tan especial.
Moitas grazas e moitos bicos de purpurina!
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: COMO ME SINTO HOXE?
Na clase xunto ao espazo da calma temos unha zona na que hai unha especie de estación onde podemos reflexar como me sinto hoxe?. Non é para facer todos os días, é para que se un día reflexionamos sobre deste tema ou ocorre algo que poida ser motivo de reflexión do noso estado de ánimo poidamos ir á estación do ánimo e reflexar alí como nos sentimos.
A continuación van unhas fotos dos nenos/as da clase colocando a súa foto no estado de ánimo dacordo ao que eles consideran que están sentindo nese momento.
ÁRBORE DO BENESTAR
Realizamos dúas sesións desta actividade
1º Sesión: reunidos en asamblea decidimos resaltar as cualidades positivas de cada un/a dos membros do grupo. Para fomentar a autoestima de cada nen@ e as fortalezas que temos como equipa. Todo@s foron aportando os valores positivos do resto d@s compañeir@s.
2º Sesión: Decidimos plasmar o que traballamos nuns abanicos personalizados onde cada un foi escribindo o que resaltaron @s seus compañeir@s del/a, que logo expuxemos nun recanto da clase para telas sempre visibles.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
CANDO TOD@S ESCRIBIRON AS SÚAS CUALIDADES MONTAMOS A ÁRBORE DO BENESTAR. ESTE FOI O RESULTADO!!! |
![]() |
![]() |
![]() |
CONTACONMIGO- CONTAFAMILIAS
HOXE NA CLASE DOS VERDES TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTAR
DO CONTACONTOS DAS MAMIS DE LIAM Y TONI.
O CONTO ELEXIDO FOI " O MONSTRO DE CORES" E AS SÚAS EMOCIÓNS.
PRIMEIRO ESCOITAMOS CON ATENCIÓN E RELACIONAMOS CADA COR COA SÚA EMOCIÓN.
E DESPOIS REALIZAMOS UNHA SESIÓN DE IOGA.
PASÁMOLO XENIAL!
GRAZAS POR VIR UN RATIÑO Á ESCOLA CONNOSCO E GASALLARNOS CON ESTA ACTIVIDADE TAN CHULI.
E MOITAS GRAZAS O PAPÁ DE LIAM POR FACER AS FOTOS PARA O RECORDO DESTE DÍA.
BICOS PARA OS TRES!
