Saídas

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

O pasado martes 19, fumos de visita ao centro de maiores DomusVi a cantar panxoliñas ás e aos maiores. Ademais, tíñannos preparados un montón de xogos e unha visita guiada a todas as estancias do centro.

Foi unha xornada chea de maxia, diversión e moito agarimo.

IMOS AO TEATRO

O pasado 9 de novembro acudimos ao auditorio ver unha obra de teatro da compañía Mar - Mar teatro,  organizada polo Concello de Narón. Co título   "Un pez en mi corazón" e a súa temática de superación de medos no mar, non nos podía encaixar mellor, tanto co noso proxeto anual "Mar aberto"  como, co contrato programa Emocióna-T. 

 


SAIDA POLA CONTORNA

EN BUSCA DOS TESOUROS DO OUTONO

A pasada semana os nenos e nenas de Domirón saímos de paseo pola nosa contorna en búsqueda dos tesouros que Outono nos deixa, observamos tamén os cambios que con esta estación se producen no noso entorno, nas árbores, as cores...e finalmente almorzamos no parque do Alto e disfrutamos dun día diferente todos xuntos.

 

 

Distribuir contido