Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

CÓMIC- 5º INFANTIL-VAL

No terceiro trimestre empregamos o  Cómic como recurso para traballar a resolución de conflitos.

Lemos cómics, vimos as súas partes( tipos de bocadillos ou globos, onomatopeias e viñetas).

Partimos dos distintos tipos de bocadillos con emocións, estados de ánimo e accións negativas ou positivas.

 E entre tod@s decidimos que conflitos queremos representar nas esceas das nosas viñetas.

Pasámolo xenial, aprendimos moitas cousas e enganchámonos os cómics...

polo que decidimos retomar este tipo de texto para o vindeiro curso.

Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

CONTINUARÁ...

 

FLORA E FAUNA

Neste tercero trimestre seguimos co Proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".

Coa chegada da primavera ,traballamos a flora e fauna da nosa contorna.

Entre todos os nenos e nenas de infantil do C.R.A

fixemos un album de cromos e estudiamos a entorna máis próxima.

Centrámonos nos animais e prantas, árbores, flores...aquí tedes o noso vídeo de presentación.

 

Para conseguir os cromos tiñamos que sair pola contorna e atopalos....

 

Xogos de mesa

Durante o curso os xogos de mesa foron un elemento para traballar e asentar aspectos fudamentais da convivencia como son: a cooperación, respetar os demais e o turno no xogo , a capacidade de autoxestión para saber gañar e perder, axudar @s outr@s, etc.

   

 

A árbore das emocións, do benestar e das cualidades

@S nen@s de 4º EI plasmaron nunha árbore as cualidades de cada un d@s nen@s elexidas entre tod@s en consenso

 

O tipi a nosa tranquilidade

No recanto do tipi @s nen@s cando o preciasan acuden alí a relaxarse e ver as fotos das súas familias se as botan de menos

 

 

ANIVERSARIO XUÑO- VERÁN

Despedimos o curso cos aniversarios dos compis do mes de xuño e do verán.

A todos e todas moitos parabéns!

Para os que ainda non cumpriron, desexámosvos....que teñades un gran día!

Moitos biquiños das profes e dos vos@s amig@s do cole.

@s cumpleañeir@s son:

Jaime, Candela e Aldara ( 4 anos) 

Ángel, Toni e Emma ( 5 anos)

     

Sofía, Thiago, Braian e Paloma ( 6 anos)

XOGA NO CAMIÑO

 Con este xogo podedes investigar e xogar sobre cousas do Camiño

Mesa de luz

Xogamos na mesa de luz con imáns e aprendemos xeometría

Distribuir contido