O Val

MAIOS 2024

Preme na imaxe e mira o vídeo

A SAÚDE BUCODENTAL- PREVENCIÓN E ACTUACIÓN

Noelia , a nai de Elsa de 4º de primaria, acudiu a escola para explicarnos que ela é dentista e a importancia da prevención para evitar problemas na boca como poden ser as caries, infeccións... Mediante unha presentación e un vídeo analizamos como tratar de evitar os problemas bucodentais, a importancia de lavar ben os dentes co cepillo, pasta e fío dental, así como as revisión períodicas ao dentista. Realizou dúas explicacións primeiro para a etapa de educación infantil e despoios para educación primaria.

Trouxo como agasallo un fío interdental para os nenos e nenas de infantil con formas de animais marinos e para primaria unhas pequenas mostras de pasta de dentes.Moitísimas grazas, Noelia!!!!

TRABALLOS DO MAR

No segundo trimestre, os nenos e nenas de educación de infantil e 3º de primaria,

tivemos a sorte de contar coa visita dos pais de Candela e Valeria e Álvaro.

Viñeron contar como é o seu traballo relacionado co mar: ESTIBADOR e PERCEBEIRO.

E tamén o deporte da PESCA SUBMARINA.

Explicaron cousas : do porto, das mercancias, da grúa, probamos os traxes, vimos os equipamentos, os aparellos...

e aprendimos moitas cousas moi chulas e interesantes.

Grazas papis, pasámolo xenial!

ESTIBADOR

 

PERCEBEIRO

PESCA SUBMARINA

 

SIMULACRO

O  final do segundo trimestre realizouse con éxito un simulacro de evacuación no edificio de educación infantil de escola do Val. Así foi todo o proceso

 

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

PANXOLIÑAS NA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO

Todo o alumnado da escola do Val desplazouse camiñando ata a asociación Nosa Señora de Chamorro para cantar unhas panxoliñas aos usuarios e profesionais. Foi unha experiencia fermósima tanto para tod@s eles coma para nós onde a diversidade nos enriqueceu a tod@s. Como agasallo levámoslles unha felicitación inclusiva con linguaxe Braille e con pictogramas.

ÁRBORE DE NADAL ESCOLA DO VAL

Entre tod@s @s nen@s da escola do Val creamos unha árbore de Nadal para expoñer os contos desta conmemoración, grazas as caixas de madeira que nos deu a Cooperativa do Val. As cales lles demos unha segunda vida para reciclar e crear unha manualidade de Nadal e que posteriormente non se tirarán senón que servirán para o almacenaxe nas aulas. Un traballo entre tod@s que quedou fermosísimo e do que gozaremos tod@s.Nestas publicacións pódese ver o proceso de pintado e construcción.

ÁRBORE DE NADAL INFANTIL

Cada aula de infantil pintou unha caixa de madeira

ÁRBORE DE NADAL PRIMARIA

Cada aula de primaria coloreou unha das caixas de madeira

 

 

 

Distribuir contido