Información
ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN
O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".
A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.
Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores
Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.
Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.
Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!
Despois merendamos, xogamos e volta...
Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!
Instruccións para o desenvolvemento do 3º Trimestre
Xa están dispoñibles as Instrucións do 27 de abril da Consellería para o desenvolvemento do terceiro trimestre
A Consellería ven de publicar as instrucións definitivas de como se desenvolverá o terceiro trimestre do curso. Nelas podedes ler información relativa ao calendario escolar, adaptación da actividade, titoría, currículo e adapatación das programacións e avaliación e promoción, entre outras.
