OS BOLECHAS NA ESCOLA DO VAL
As familas de educación primaria que desexen participar e recibir documentación deberán cubrir os datos neste enlace
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfvwidUOMZvfYhX66BX7Pr9VmfRLDBQce_JRbLEhGXrYhOfPw/viewform
NOVAS DO CONCELLO DE NARÓN
"Decora o teu patinete ou bicicleta de nadal", esta campaña comeza a partir do día 01/12/2023 ata o 20/12/2023 (ambos inclusive). Poderán participar todos aqueles escolares de Narón. Para participar con dereito a agasallo deberase enviar unha foto na entrada do colexio do nen@ en bici, patín ou correpasillos decorados de nadal, indicando no correo a seguridadevial@naron.gal o nome e apelidos do nen@, nome do centro escolar e curso, así como si é posible que o nen@ ten consentimento para saír en redes sociais (indicación expresa do pai/nai ou tutor/a do menor).
"A túa bici vella bici vale un sorriso", campaña que comeza o día 01/12/2023 ata o día 04/01/2024 (ambos inclusive). A entrega de bici ou patinete por doazón para outros nenos e nenas sen posibilidades poderase realizar no centro escolar (o centro de recursos solidarios se pora en contacto co centro para a recollida antes do día 21/12/2023) tamén podera entregarse no Concello de Narón - Educación Viaria en horario de maña de 08 a 14 horas ou no centro de recursos solidarios de Narón no Polígono da Gándara.
Como todos os anos o CRA de Narón participará na iniciativa da campaña solidaria de recollida de xoguetes . As familias poderán traer os xoguetes as nosas tres escolas dende o día 13 de decembro. O día 20 virán recollelos dende o Concello.
CONSELLOS A TER EN CONTA Á HORA DE DOAR XOGUETES
Compartir e reciclar xoguetes xera conciencia sobre a importancia de doar cousas que
xa non se usan. Neste senso, é positivo que os pais e as nais realicen esta tarefa cos
seus fillos e fillas , seleccionando xoguetes que, despois dun tempo sen usalos e antes
de que se rompan, poidan ser aproveitados por outras persoas.
Se son os propios nenos e nenas os que entregan as súas cousas nos puntos de recollida
que existen, aprenderán moito máis sobre compartir e solidarizarse con outros/as
nenos/as que non teñen as mesmas posibilidades.
Hai que ser conscientes de que non se poden regalar xoguetes rotos ou avariados, por
iso é importante ensinarlles aos/ás nenos/as o hábito de coidar os xoguetes para que
se poidan conservar e regalar máis tarde a outros/as nenos/as.
Á hora de doar xoguetes, debemos de ter en conta o seguinte:
Todo o que se doe debe de estar en bo estado, cumprir coas normativas de
seguridade e conservar todas as pezas precisas para xogar.
De ser posible, os xoguetes deben estar nas súas caixas orixinais e conter as
instrucións.
Os xoguetes rotos, aínda que funcionen, poden ser perigosos para outros/as
nenos/as .Estes deben ser reciclados directamente.
Os pais e as nais poden axudar a facer a selección para reciclar. É un bo momento
para compartir cos fillos e fillas.
Se o xoguete usa pilas e están gastadas, estariamos moi agradecidos de que sexan
cambiadas por outras que funcionen. Sempre será preferible doar xoguetes que
non utilicen pilas para que non supoñan un gasto adicional.
No caso de que o xoguete sexa un peluche, ou un boneco/a con roupa e esta estea
sucia, será conveniente lavalos.
OS BOLECHAS
CONCELLO DE NARÓN
Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte
Teatro en familia
Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte é a nova proposta dos Bolechas para o
publico infantil e familiar. Un espectáculo de monicreques onde Os Bolechas visitan unha galería
na que coñecen a un pintoresco personaxe e os seu cadros abstractos. Os Bolechas non acaban
de enteder este tipo de arte, prefiren pintar cadros máis figurativos. Despois de moito pensar e
coa axuda do público deciden debuxar sobre os seus antepasados (bisavós e bisavoas, tataravós
e tataravoas, familiares prehistóricos…)
Data: sábado, 2 de decembro de 2023
Horario: ás 18:00 h
Lugar: centro comunitario Manuel Pérez Sequeiros
Destinatari@s: público infantil e familiar
Inscrición: a entrada é de balde e non é precisa inscrición previa. Permitirase a entrada ata
encher a capacidade da sala.
Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa FalaRedes da Rede de Dinamización
Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización
Lingüística.
Toda a info: https://naronengalego.gal/actividades/os-bolechas-visitan
REUNIÓNS INICIAIS
XOVES 7 DE SETEMBRO DE 2023
ESCOLA DO VAL
9:30 - INFANTIL (4º, 5º E 6º DE ED. INFANTIL)
2º E 4º DE ED. PRIMARIA- 10:30
3º E 1º DE ED PRIMARIA- 11:00
ESCOLA DE SEDES
10:30
ESCOLA DE DOMIRÓN
(4º, 5º 6º ED. INFANTIL)
10:00
AXUDAS DO CONCELLO DE NARÓN PARA MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR
O CONCELLO ABRIU O PRAZO PARA AXUDAS, TODA A INFORMACIÓN PODEN VELA NA PÁXINA DO CONCELLO DE NARON, O ENLACE É ESTE
Libros de texto curso 2023-24
NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPARÁN A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO
E MATERIAL DIDÁCTICO 2023-24 PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
Reunións alumnado de nova incorporación
As familias do alumnado de nova incorporación terán as reunións nas seguintes datas:
ESCOLA DO VAL : LUNS 26 /06/23 - 10:30
ESCOLA DE SEDES: LUNS 26/06/23-11:00
ESCOLA DE DOMIRÓN: MARTES 27/06/23 - 10:30
FONDO LIBROS E AXUDA DE MATERIAL
Se queredes consultar a orde que regula estas axudas tedes que premer aquí
Se queredes descargar a solicitude tedes que premer aquí
Se queredes descargar as instruccións da Consellería tedes que premer aquí
Se queredes acceder a aplicación fondo libros tedes que premer aqui
Recordade o horario por se desexades presentalo no centro, aquel alumnado que vai estar escolarizado no centro o vindeiro curso:
LUGAR: SEDE DO CRA DE NARÓN- SAN XIAO
MARTES DE 11 A 14 HORAS E DE16 A 18 HORAS
XOVES DE 11 A 14 HORAS
ADMISIÓN 2023-24 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
21-3-23: NON SERÁ PRECISO REALIZAR BAREMO
Do 1 ao 20 de marzo |
Prazo de presentación solicitudes de admisión |
Do 21 de marzo ao 3 de abril ( 10 día hábiles) |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web) |
Antes do 25 de abril |
Publicación listaxes provisionais |
5 días hábiles |
Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación |
Antes do 15 de maio |
Publicación listaxes definitivas |
Prazo de 1 mes |
Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación. |
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula. Documentos necesarios: -3 fotos tamaño carnet -Fotocopia cartilla Seguridade Social -Fotocopia do libro de vacinas Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida. |
CENTRO ADSCRITO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO