Orientación ás familias

ESTRATEXIAS E MATERIAIS PARA A MELLORA DA CONDUTA

 Esta é a primeira entrega dunha serie de  materiais que irei colgando aquí , que espero que  vos sexan útiles .

    Son froito do traballo  compartido do Seminario Permanente de Orientadoras de Ferrolterra do que formo parte . Durante estes dous cursos pasados estivemos traballando en problemas de conduta en Infantil , sempre cun enfoque proactivo . 

O RETO CONTINÚA: COMO FACER AGORA QUE OS NOSOS NENOS E NENAS SAEN Á RÚA

Ficar na casa supuxo un esforzo moi importante para as familias, así que esta saída é máis que merecida.

Saír ten efectos beneficiosos físicos e emocionais , pero non esquezades as recomendacións

 

                                                                                                                    

 

 

Neste conto, ''O Oso Goloso'' , conta como sair de casa, que precaucións debemos ter, como nos podemos sentir antes de saír…

PREME NA IMAXE DO CONTO PARA VELO

 

 

 

PERO.....

 Sabemos que despois de tantos días na casa, de todas as noticias que se escoitaron, podemos ter medo a sair á rúa e isto pode producir nos nenos e nenas destas idades angurria, nervos, intranquilidade…por iso temos que estar atentos/as aos seus medos.

 

O teu fillo  ou filla ten medo a sair da casa?É loxico e o temos que tomar con tranquilidade. Levan moitos días vendo noticias negativas, noticias que lles levaron a estar mes e medio pechados na casa.Pero moitas veces non é que non queiran sair á rúa  por medo senón  que aceptaron a situación , porque eles son os máis resilientes e polo tanto os que mellor se adaptaron  o de   QUEDANACASA

 Pero  tamén pode ser que teñen medo a que vós enfermedes, a poñerse eles malitos /as…

 Os paseos  (de xeito controlado ) poden ser unha boa terapia, que rememoren os momentos vividos e aos que volveremos  en pouco tempo se todos e todas o facemos ben .

Alguns conselliños , úteis á hora de sair á rúa é que os fagades conscientes de cómo ten que ser e llo expliquedes antes de sair da casa .

 

 

 

 

 PARA SABER MÁIS PREME AQUÍ

 

Aquí vos deixo tamén   algún contiño por se vos serve de ferramenta de xestión dos medos.

 https://www.youtube.com/watch?v=WKAzt4tm8Xc&feature=youtu.be

 https://www.youtube.com/watch?v=HZFFmZ73BCI&feature=youtu.be 

 

E TAMÉN

1 Xogade simbólicamente , por exemplo , construir con eles unha casa, podedes axudarvos dunha Caixa de cartón , unas teas ou unas cadeiras , explicarlles que van poder sair, pero só un ratiño, que non podemos nin deberemos tocar nada para non poñernos malitos, nin achegarnos á xente .

 

2 Á volta á casa explicarlles que os zapatos deben quedar fóra por se traemos o bichiño neles, sacarnos a roupa e botala a lavar ou deixala apartada uns días sen tocala e lavarnos ben as mans moi ben antes de tocar algo en casa.

 

3Podemos  estes días construir un cartel con eles cos pasos que debemos seguir  para así non saltarnos ningún : por exemplo ao volver quitarse os zapatos antes e entrar na casa,e enriba desa frase debuxar uns zapatos, ou facer unha foto dos seus propios zapatos e pegala…

 

4 Unha acividade entretida en familia onde faremos máis conscientes  aos nenos e nenas das rutinas e normas novas

 

Se vos xurde algunha dúbida ou problema non dubidedes en preguntarnos

 

                                                                                         Departamento de Orientación do CRA

RESOLUCIÓN DE SITUACIÓNS COMPLICADAS

Aquí vos deixo unha interesante conferencia que deu Javier Urra en Ferrol: ''La educacuón. La mejor de las vacunas''

ESTIMULAR A LINGUAXE

Ola familias, imos deixarvos aquí unha serie de recursos que nos poden servir para seguir estimulando a liunguaxe oral na casa e ao mesmo tempo facer un pouco más levadeiro este proceso.

 

 

 

 

CAMBIAR AS COUSAS ESTÁ NAS NOSAS MANS

Gustounos moito este vídeo da comunidade TEI sobre o papel de toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) tanto a nivel individual como de grupo para acabar co coronavirus.

 

                                            

 

XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!!!!

APRENDEMOS NA CASA

 Prezadas familias: por se é do voso interese deixámosvos na seguinte ligazón a información sobre a programación educativa que ofrecen o Ministerio de Educación e RTVE ''Aprendemos en casa'' dirixidos a escolares co fin de paliar o grave problema educativo causado polo coronavirus.

 

 

 

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA A CONVIVENCIA FAMILIAR

Ola familias!

Compartimos con vós unhas breves pero moi interresantes recomendacións básicas para a convivencia familiar para que nestes días de corentena sigamos a ter unha convivencia positiva e enriquecedora nos nosos fogares.

Moito ánimo a todas e todos.

Guia de Recursos de Ocio e Autocoidado.

Ola de novo

De todas as guías que circulan pola rede esta parecéunos super útil e moi completa xa que inclúe atención psicosocial tan necesaria sempre, autocoidado e tamén ocio e cultura dende casa, música...

Hai que premer encima da foto e ábrese o arquivo, despois ide premendo en cada unha das imaxes e vos reconducirá a outras páxinas.

Moito ánimo e imos!!!! Que xa falta menos!!

Distribuir contido