Festas

ENTROIDO

O venres foi o día de vir disfrazado de forma libre. Así viñeron as nosas nenas e nenos!

 

ENTROIDO - MANDATOS DO MECO

A semana do 5 de febreiro comezamos o entroido na escoliña!

O Meco mandounos traer:

- Luns: un pano na cabeza

- Martes: un parche no ollo

- Mércores: unha faixa

- Xoves: algo pintado na cara (cicatriz, bigote etc)

Este foi o resultado das nosas e dos nosos piratillas!

XORNADA DE CREACIÓN DE DISFRACES COAS FAMILIAS

O pasado martes 23 de xaneiro, nenas e nenos, familias e escola traballamos da man na elaboración dos disfraces do entroido. Unha xornada única e especial.

Grazas por vir á escola, por dar o mellor de vós, polo traballo en equipo e polas ganas e ilusión. Sodes un piar fundamental!

Celebración do Nadal

 

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.

Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.

Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.

CRA de Narón Nadal 23/24

DESPEDIDA OUTONO

Despedimos a estación máis bonita e especial: o outono!

Dicimos adeus ás súas cores, texturas e olores para dar paso á maxia do inverno.

Gozámolo moitísimo! Instalacións, xogos, experimentación, manipulación e, sobre todo, moita diversión!

MAGOSTO

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Magosto.

Sen dúbida, unha xornada moi divertida chea de xogos e momentos de conexión entre as nenas e nenos das tres escolas.

E, por suposto, sen esquecer ao fantástico Anxo Moure, que nos acompañou durante esta mañá para facela moito máis máxica e inesquecible.

SAMAÍN II

Durante a semana do Samaín, fixemos actividades moi divertidas e terroríficas nas tres aulas. Tecimos teas de araña, fixemos apócemas, experimentamos e manipulamos, limos contos e creamos o noso propio monstro entre outras moitas actividades! Sen dúbida, unha semana chea de diversión, aprendizaxe e moi pegañenta!

 

SAMAÍN I

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas! O Samaín chegou á escola de Domirón, cheo de personaxes terroríficos! Unha xornada inesquecible chea de diversión, desfiles, xogos e moito terror.

 

Distribuir contido