Ed. física

Cómo podemos contactar co mestre de EF.

Se tendes algunha dúbida ou queredes máis xogos, ou para calquer outro tema que xurda, podedes contactar a través da Aula Virtual do Centro, enviandome unha mesaxe. Ou ao meu correo cesar.vinas@edu.xunta.es.

Aula Virtual

Un Circuito...de andar por Casa

Ola a todas/os:

Para rematar este extraño fin de curso, traemos un circuito caseiro, de andar por casa, que podemos facer facer con cousas que todos temos na nosa casa, na ficha damos algunha opción pero se non tendes podedes usar o que argalledes para iso... O circuito ten 3 niveis de dificultade pero podedes inventar outros....

Tamén as/os que queirades podedes grabar un video e mandarno a cesar.vinas@edu.xunta.gal ou a inicroboticaval@gmail.com, e así podo ver o ben que o facedes...

Pinchando na imaxe podedes descargar a ficha explicativa do circuito, esperamos que vos guste!!!

Novas propostas para Xogar na Casa

Ola a todas/os:

Hoxe traemos duas propostas máis para estos días, unha e un xogo motriz de moito movemento, velocidade e capacidade de reacción, onde as nenas e nenos teñen que moverse rápido para conseguir o obxectivo, tratase do xogo do raposo.

Por outro lado temos unha proposta mais tranquila para traballar a respiracións e mellorar a nosa forma de soprar e respirar a traves de pelotas de ping-pong.

Pinchame na icona correspondente para descargar a explicación do mesmo.

                                                                           

Recursos con moita LIX para ficar na casa

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) presenta o PADLET "Recursos con moita LIX para ficar na casa", onde se recopilan recursos dixitais para que os cativos e as cativas pasen un confinamento na casa máis entretido. Trátase de diferentes iniciativas aptas para todas as idades, dun xeito sinxelo de consultar.

https://padlet.com/galixblog/vy936q0zcf68

 

Esperamos que sexa do voso interese, unha bateria de propostas e recursos.

 

Móvete connosco na Casa

A Xunta de Galicia ven de crear o programa Móvete connosco na Casa onde presenta propostas para poder facer nas nosas casas.

Aqui tendes as primeiras:

Velocidade de reacción:

 

 Forza-Resistencia do Tren Inferior:

 Iniciación ao Ioga:

 

Cun Globo...

Ola de novo!!

Agora traemos uns xogos sinxelos, pero divertidos para pasar un rato xogando en familia, so tes que ter globos na casa, comeza pinchando no globo para poder descargar as instruccións.

Eu móvome na Casa

Outra aportación desde a rede, a autoría pertence a varias persoas. Ao pinchar na actividade ábrese un video que explica o xogo, e podemos ver o autor.

Pincha no taboleiro para baixar o pdf.

MuevetEF pero na Casa

Mirando pola rede atopamos, creado por Miguel Ángel Azorín, un xogo para toda a familia, estades listos?....pois a xogar!!!

 

O Xogo da Telaraña

Ola de novo!!!

Agora traemos un xogo sinxelo para facer na casa, que non require de moito material...

 

Con gomas ou cordas, e cadeiras, se non sodes polo menos 4 para xogar, pasamos as gomas/cordas polas cadeiras facendo unha telaraña...o obxetivo do xogo é pasar sin tocala....podemos complicar a telaraña todo o que queiramos...Ollo!! pero sempre temos que deixar a posibilidade de poder pasar.

 

Se non tendes cordas ou gomas, tamen vale con cinta carrocero ou cinta aislante, inlcuso papel hixiénico...e incluso podemos poñela polo pasillo en lugar de usar cadeiras.

 

 

Ánimo e a complicar a telaraña todo o que a vosa imaxinación vos deixe....Incluso podemos poñer música e convertilo nunha "Mission Imposible"....

 

O Reto da Pelota

Aqui vos deixo un reto para xogar cunha pelota, con 10 niveis de dificultade, seredes capaces de cumplilos todos???

IMPORTANTE: mellor usar unha pelota blanda, tipo pelota de praia ou de espuma, para evitar danos colaterais...

Moita sorte!!!

Distribuir contido