Complementarias

Dia do Libro

Este ano, polo día do Libro a proposta foi recrear unha portada dun conto ou libro, este foi o resultado.

 

 

 Esperamos que vos guste, e grazas pola boa acollida e gran participación da proposta.

saúdos.

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

Para as nenas e nenos do CRA....Comeza o Verán!!!!

Despois dun ano extraño....Chega o verán e os nenos e nenas do CRA van estar así de preparados para pasalo fenomenal!!!

 

 

Esperamos que teñades un bo verán!!!!

Comeza o Verán....Alá Imos!!!

 

OLA NENOS E NENAS!

 

O CURSO VAI REMATAR, E QUE MELLOR MANEIRA DE DESPEDIRNOS QUE PREPARÁNDONOS PARA O COMEZO DO VERÁN.

 

COMO FOI UN CURSO MOI DIFERENTE E TODOS E TODAS NOS BOTAMOS MOITO DE MENOS, QUE VOS PARECE QUE SE NOS SACAMOS UNHA FOTO COAS NOSAS MELLORES VESTIMENTAS PARA O VERÁN.

 

CADA UN COMO MÁIS LLE APETEZCA (FLOTADOR, TOALLA, GAFAS,….), DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN. O IMPORTANTE É DISFRUTAR VÉNDONOS!

 

ENVIADE AS FOTOS  OS VOSOS PROFES OU O PROFE CÉSAR EN inicroboticaval@gmail.com, OU  A CALQUERA DAS VOSAS TITORAS.

 

TENDES ATA O MARTES DÍA 16 DE XUÑO PARA ENVIALAS.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, QUE O VERÁN VAI COMEZAR!

 

Apertas Abertas

O Concello de Narón acaba de poner en marcha a iniciativa “ Aperta aberta” para impulsar as videoconferencias entre escolares , así como entre escolares e persoas recoñecidas  en diferentes áreas como na música, deporte, sanidade…

Se estades interesados /as en coñecer como se vai desenvolver esta iniciativa, só tedes que premer no seguinte enlace:

http://www.naron.es/web/cat/es/noticias/get/3688

 

PROPOSTA DÍA DO LIBRO: A LECTURA QUE TODO O CURA

PROPOSTA DÍA DO LIBRO

OLA NENOS E NENAS, QUÉ TAL? PROPOÑÉMOSVOS UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, QUE É O XOVES 23 DE ABRIL. TRÁTASE DE RECREAR A PORTADA DUN LIBRO OU CONTO QUE VOS GUSTE, CARACTERIZÁNDOVOS DE ALGÚN PERSONAXE OU TENTANDO REPETIR A PORTADA PERO CON COUSAS QUE TEÑADES POLA CASA. NON É NECESARIO QUE TEÑADES O LIBRO EN FORMATO FÍSICO PODEDES FACELO DUN QUE VOS ACORDEDES OU DUN QUE BUSQUEDES POR INTERNET OU SE NON SE VOS OCURRE NINGUNHA PORTADA, DISFRAZARSE SIMPLEMENTE DALGÚN PERSONAXE E SACARVOS UNHA FOTO. A FOTO QUE FAGADES, MANDÁDELLA Á VOSA TITORA E DESPOIS, CON TODAS AS QUE NOS MANDEDES, TENTAREMOS FACER UNHA MONTAXE QUE QUEDE DE RECORDO PARA O DÍA DO LIBRO E PUBLICALA NA WEB. RECORDADE QUE O QUE MANDE A FOTO, ENTENDEMOS QUE DA PERMISO PARA PODER COMPARTILA.

OS/AS PROFES PARA ANIMARVOS FIXEMOS ALGÚNS EXEMPLOS, PERO NON TEÑEN PORQUE SER COMA OS NOSOS, VALE CALQUER IDEA.

SABERIADES DECIR QUE PROFE HAI AGOCHADO EN CADA CONTO????

VEÑA ANIMÁDEVOS, TEDES ATA O DOMINGO 26 PARA MANDALO!!!!!

 
     
     

 

 Para todas as familias que participedes, tendes que saber, que desde a Biblioteca de Narón, fixerón un concurso moi similar, e para participar só tendes que subir a foto a instagram mencionando a conta de Instagram da Biblioteca municipal -@bibliotecadenaron- e engadindo a etiqueta #PortadasdelibrosBPN  ata o vindeiro domingo día 26. Pincha no cartel do concurso da Biblioteca para máis información.

 

Guia de Recursos de Ocio e Autocoidado.

Ola de novo

De todas as guías que circulan pola rede esta parecéunos super útil e moi completa xa que inclúe atención psicosocial tan necesaria sempre, autocoidado e tamén ocio e cultura dende casa, música...

Hai que premer encima da foto e ábrese o arquivo, despois ide premendo en cada unha das imaxes e vos reconducirá a outras páxinas.

Moito ánimo e imos!!!! Que xa falta menos!!

Mi Casa es un Castillo

Aqui vos deixamos un conto con rutinas para nenas e nenos que non poden sair da casa...que nestos días somos todos!!

Distribuir contido