Edu- sostibilidade

PREPARANDO O HORTO

Onte veu Daniel, o papá de Martín, para axudarnos a preparar e inaugurar o noso hortiño.

As nenas e nenos da escola foron por grupiños a plantaron fresas, patacas, calabacíns, berzas e pementos.

Unha mañá chea de conexión coa natureza e co grupo!

 

Moitas grazas, Daniel!

OBRADOIRO TRAMPAS DE VELUTINAS 3º EP

Grazas a Simón , do SPEIS de Narón o alumnado de 3º e 4º de primaria coñeceu un pouco máis a fondo ás velutinas.

A forma máis eficaz de contermos a súa gran multiplicación e os efectos perniciosos é reducir o número de raíñas cando saen da súa invernación. Para iso é fundamental realizar una ampla campaña de trampeamento primaveral.
A primavera é a época clave, desde primeiros de marzo ata maio, é cando as raíñas empezan paulatinamente a espertar da súa hibernación e comenzan a súa actividade.
Unha vez que se reactivan e constrúen o niño primario dispoñeremos duns 40 días para cazalas; despois, encláustrase no niño tartagueiro secundario e xa non volve saír.
Desgraciadamente, non todas saen ao mesmo tiempo da invernada, para capturalas; por iso debemos empezar a trampear desde primeiros de marzo a mediados de maio.

Cada neno/a con dúas botellas reutilizadas elaborou a súa propia trampa.

RECICLAR TAMÉN É PARA O ENTROIDO

E coma xa ven sendo costume no CRA, sempre empregamos material de refugallo para os nosos disfraces e complementos, tanto do que temos na aula como aportado polas familias. 

Grazas de novo familias, sempre tan dispostas a colaborar!

REUTILIZAR

Durante este curso a reutilización é un dos nosos lemas e o Cartón o noso gran aliado , empregámolo en multitude de actividades e démoslle unha segunda vida.

REUTILIZAR EN PRIMARIA

Durante o Antroido educación primaria reutilizou moitísmo material para a confección dos seus disfraces, aquí vai un breve exemplo.

 

RECICLAR

O alumnado de EI traballou a reciclaxe de forma diversa: con xogos, aprendizaxe dos distintos colectores : cores e funcións, recilamos nas escolas, etc

ADORNOS NAVIDEÑOS

@s nen@s crearon adornos de nadal para a escola e para levar para a casa con material de refugallo , oveiras e corchos, traballaron moito e fixeron unhas creacións incríbles.

ÁRBORE DE NADAL ESCOLA DO VAL

Entre tod@s @s nen@s da escola do Val creamos unha árbore de Nadal para expoñer os contos desta conmemoración, grazas as caixas de madeira que nos deu a Cooperativa do Val. As cales lles demos unha segunda vida para reciclar e crear unha manualidade de Nadal e que posteriormente non se tirarán senón que servirán para o almacenaxe nas aulas. Un traballo entre tod@s que quedou fermosísimo e do que gozaremos tod@s.Nestas publicacións pódese ver o proceso de pintado e construcción.

Distribuir contido