Contafamilias
XOGOS EN FAMILIA
Última sesión de xogos en familia do curso!
Grazas á familia de Farah por acompañarnos nesta xornada e facela tan divertida e amena.
Fátima (nai), Ángeles (avoa) e Isma (tío), trouxéronnos xogos unha ranita de equilibrios, circuitos cooperativos, puntería con ras, un tetris e unha jenga.
XOGOS EN FAMILIA
Cristina, a nai de Sara, acompañou aos nenos e nenas de 5º de ei en outra xornada de xogos en familia. Neste día gozaron con Antón Zampón, Operación e speed cups. Atención, concentración, motricidade... pasárono xenial.
ÚLTIMOS XOGOS EN FAMILIA 4º EI
Na aula de 4º de Infantil gozamos coa última visita das familias deste curso, dentro da actividade de xogos en familia.
Nesta ocasión contamos con Sofía, a nai de Thiago, e Carmen e Alfonso, os pais de Oliver.
Troxeron uns xogos moi divertidos e pasamos un tempo moi bo con eles.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa disposición. O próximo curso máis e mellor!
XOGOS DE MESA-FAMILIA LIAM
Hoxe tivemos a sorte de contar coa familia de Liam para xogar connosco: Rocío e Álvaro.
Xogamos a xogos cooperativos como " o pillado" e "little market" ,
nos que a colaboración do equipo é fundamental para alcanzar as metas e retos plantexados e
un xogo de cartas, "dino draff":xogo de memoria e estratexia
o máis chuli....son cartas de dinosaurios!!!
Moitas grazas por ensínarnos a xogar a todos eles e pasar un rato tan entretido!
xogos en familia
Seguimos disfrutando de momentos de xogo coas nosas familias.
Nesta ocasión á clase dos amarelos viñeron xogar connosco, Ángeles a madriña de Xela e Natalia a nai de Nicole e á clase dos verdes, Tetiana a nai de Misha e Sara a nai de Valeria. Empregamos xogos de concentración , coordenación óculo-manual, observación, destreza manual, agudeza visual, cooperativos...e o máis importante moi divertidos e entretidos.
Moitas grazas a todas por compartir connosco estes momentos tan familiares e divertidos!
Aula dos amarelos: 4º infantil
Aula dos verdes: 6º infantil
XOGOS EN FAMILIA
Novos xogos en familia na aula de 5º de infantil!
Esta vez visitáronnos Rebeca, nai de Hades, e Lorena, nai de Daniela. Trouxeron xogos como o Pintureka, Pincha al Pirata, Hungry Monster, un abecedarioo e un xogo de mesa.
Noutra xornada, tamén contamos coa visita de Linda, mamá de Bruno, e Óscar, pai de Xoel, con xogos como un memory da Patrulla Canina, Tosuo, Cabezón, El Uno (versión Cars), e o Tip Top Clap.
Unha xornada chea de xogos e aprendizaxe en familia!
XOGOS EN FAMILIA
Na clase de 4º de EI viñeron a xogar Marta, a nai de Mai, Ángel, o pai de Martín e Jéssica, a nai de Martina. Con eles tres disfrutaron xogando ao dominó de animais, os monos locos e os poliños no galiñero. Foi un tempo fantástico na que os nenos/as e familias pasárono xenial.
XOGOS EN FAMILIA
Unha nova semana cheíña de xogos en familia!
Por un lado, na clase de 4 anos, acompañáronnos Marisa, a mamá de Marta, e Ingrid, a mami de Emiliano con xogos como: un memory, un xogo de pesca, Grabbolo, xogos de equilibrio con pezas xeométricas, un puzzle con visión 3D e un dominó de madeira.
Polo outro lado, na clase de 5 anos, visitáronnos Maica, mami de Marcelo, e Arantxa, nai de Thiago. Trouxeron unha yenga e xogos como Mandíbulas, Tic Tac Boom, Mono Pedorretas e Pepe Moco.
Graciñas, familias, por agasallarnos o voso tempo!
XOGOS EN FAMILIA
Seguimos cos xogos en familia!
Na clase de 3 anos tivemos a Verónica e Aldofo, mamá e papá de Lara con xogos como El Frutal e La oruga de colores:
Tamén participou Rebeca, mamá de Juana e Arturo, cun xogo de dominó:
Contamos tamén con Fany, mami de Vega e Lara, mamá de Samu, que trouxeron o Ludamino, o Lince e un xogo de mímica.
E, por último, visitáronnos Olaya e Manel, nai e pai de Manuela, e Lucía, mami de Paula, con xogos como Save the Ocean, un xogo de bombeir@s e un Dobble.
Na clase de 4 anos, visitáronnos Nuria e Javi, nai e pai de Daniela e Lucas, e trouxeron o Twistter, Atrapa la caca!, ¿Quién es quién? e Clean the ocean:
E a Paula e Diego, nai e pai de Marco, que trouxeron xogos como a oca, cubos de cara, Tozudo, Little memo e Little match.
Por último, na clase de 5 anos, viñeron Lidia, nai de Minh, e Nuria, nai de Diego, cos xogos de La Cabaña e Gestos:
E finalmente, participaron Néstor e Noelia, pai e nai de Luca; Lucía, nai de Alex; e Nuria, nai de Luka con xogos como o 4 en raia, o bingo, o ¿Quién es quién?, os gusanos locos e carreiras de caracol.
Graciñas a todas as familias por unhas xornadas cheas de diversión, mimo e ganas!
XOGOS EN FAMILIA-VAL
ESTE ANO COMPARTIMOS XOGOS DE MESA COAS FAMILIAS
NAS AULAS E BIBLIOTECAS DAS NOSAS ESCOLAS.
PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS MOITO CON ELAS.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS
POR VIR Á ESCOLA E PASAR UN RATIÑO TAN DIVERTIDO CONNOSCO!
NO VAL, TIVEMOS A SORTE DE XOGAR COAS FAMILIAS DE THIAGO E IZAN
FAMILIA DE CANDELA E CLAUDIA
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »