Sedes
Escola de Sedes
A unitaria de Sedes tén dúas plantas: a superior utilízase para as actividades de E. Infantil, a inferior como aula de usos múltiples.
25N: CONTRA A VIOLENCIA, VERBAS DE CORAZÓN
Enviado por Berta o Dom, 26/11/2023 - 18:47Este 25 de Novembro amosamos aos nenos e nenas do CRA algunhas das consecuencias da violencia de xénero, como a tristeza, a través do conto Artur e Clementina de Adela Turín de Ed Kalandraka.
Despois cada quen creou a súa propia tartaruga cunha palabra que garadaría sempre no corazón para combater así a tristeza.
Quedaron todas moi bonitas.
MAGOSTO NO CRA
Enviado por Berta o Dom, 19/11/2023 - 18:02Desta vez toca xuntarse e celebrar. É o momento de reencontrarnos e alimentar ese sentimento de cole grande que somos.
Nesta ocasión en Sedes celebramos o Magosto con xogos, bailes, bolos preñados que nos trouxo a ANPA e as bonitas historias de natureza de Anxo Moure.
Xa estamos agardando a seguinte!!
TEATRO: UN PEZ EN MI CORAZÓN
Enviado por Berta o Sáb, 11/11/2023 - 05:29No marco da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Concello de Narón, acudimos ao auditorio á obra "Un pez en mi corazón" da compañía basca Mar a Mar Teatro. A superación de medos co mar como contexto, foi o fío conductor, ambos aspectos relacionados co traballo das últimas semanas no CRA.
Inclúense no Programa Emocióna-T e no Plan de Benestar que desenvolvemos no presente curso.
SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE III)
Enviado por Berta o Dom, 05/11/2023 - 06:14SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE II)
Enviado por Berta o Sáb, 04/11/2023 - 06:41Como lectura de Samaín, para axudar a afastar os medos, lemos o conto "Sacapenas" de Kalandraka, onde Bieito ten tantos medos que lle preocupan que non é quen de durmir. Para solucionar isto a súa avoa axúdalle a facer os bonecos sacapenas, típicos da cultura guatemalteca, que só con contarlle as súas preocupacións, axúdanlle a durmir ben.
Coa chegada da noite de Samaín, na Escola de Sedes aproveitamos para traballar a emoción do medo, falar sobre ela, identificala e expresala. Isto forma parte das actividades do Plan de benestar e do Programa Emociona-T.
Cada quen realizou o seu propio Sacapenas, escollendo cores, ensartando, atando e peinando.
Xa podemos durmir ben porque co noso Sacapenas..., fora medos!!!
SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE I)
Enviado por Berta o Ven, 03/11/2023 - 16:19Como xa é tradición na nosa Escola, adicamos unha xornada ao vaciado e decoración de cabazas coas familias de Sedes e os nenos e nenas que marcharon para Primaria.
Emocionantes reencontros, xogo e merendola para dar a benvida á nova estación. E por suposto... terroríficas cabazas!!!.
ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES
Enviado por Berta o Ven, 03/11/2023 - 12:45
Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.
A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación.
Arte efímera en toda regla.
LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA
Enviado por Berta o Xov, 02/11/2023 - 12:03
Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.
Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA.
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.
BARQUIÑOS DE PAPEL
Enviado por Berta o Mér, 01/11/2023 - 04:23