O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes
Escola de Sedes
A unitaria de Sedes tén dúas plantas: a superior utilízase para as actividades de E. Infantil, a inferior como aula de usos múltiples.
A escola de Castro
É un edificio de dúas plantas; abaixo funciona a aula de educación infantil. A aula da primeira pranta emprégase como aula de usos múltiples. O espazo exterior ten unha zona de xogo infantil. Tamén dispón dun espazo cuberto que se utiliza para dar clase de Educación Física e como patio de xogos.
A escola de Castro está pechada neste curso 2017-18, gustaríanos que volvese a abrir se houbese o número de alumnos/as necesario para tramitar de novo a apertura.
A escola de Pedroso
Enviado por admin o Mar, 26/05/2009 - 13:39A Escola de O Val
Enviado por admin o Ven, 17/04/2009 - 06:02A escola tén dous edificios: o de Infantil (con tres grupos: 3, 4 e 5 anos) e o de Primaria (catro aulas, de 1º a 4º). Un ximnasio e un amplio patio de recreo completan as instalacións.
Ver situación
FESTIVAL FIN DE CURSO
XA TEMOS O VÍDEO DE FINAL DE CURSO!
FELICES VACACIÓNS, VÉMONOS EN SETEMBRO!
CUMPLES XUÑO
O curso chegou ao seu fin e tamén as festas dos aniversarios, neste mes celebramos os cumples dos nenos e nenas que suman un aniño máis en xuño e tamén se animaron a esta celebración algúns que cumplen ao longo do verán.
PARA TODOS ELES OS NOSOS MELLORES DESEXOS E FELIZ
ANIVERSARIOS!!
VÍDEO ANDAINA PENA MOLEXA-FÍN DE CURSO
Para despedir o curso ainda falta o vídeo do festival,
próximamente podedes desfrutar das actuacións dos vosos fillos e fillas mentras....
podedes ver este vídeo tan chulo feito cun dron o día da andaina da Pena Molexa.
Os profes do C.R.A:
deséxanvos unhas felices vacacións, que teñades un verán xenial e que sexades moi felices!
ANDAINA PENA MOLEXA
O martes día 22 de xuño, fixemos unha andaina ata a Pena Molexa.
Saída pola nosa contorna moi chula, con moita tradición e misterio.
Chegar ata alí foi un reto e estamos moi led@s de poder facelo tod@s xuntos.
Esta andaina forma parte do Plan Xogade,
Campaña de actividade lúdico-deportiva na que participou o noso alumnado de primaria.
Aquí tedes un resumo desta actividade.
MARCHA CICLISTA ESCOLAR
O pasado venres día 17 , @s nen@s de 3º e 4º de primaria,
participaron na Marcha Ciclista Escolar organizada polo Equipo Educación Viaria de Narón.
Nesta marcha participaron máis de 1.200 escolares.
O noso percorrido foi dendo O Feal ata o paseo marítimo de Xubia, alí recargamos forzas e volta polo Ponto.
Ademáis desfrutamos da sorpresa da xornada, a aterraxe do helicóptero Pegasus da DGT.
Moitas grazas a Carlos o pai de Miguel e a Lorena pola súa compaña e axuda.
Parabéns para tod@s polo voso esforzo!
"CONTACONTOS COMIGO" EXPRIMINDO AS ÚLTIMAS SEMANAS!!!
Ainda seguimos cos últimos cartuchos desta colaboración familiar que tanto nos aporta a todos e que tan bos resultados está dando:
![]() |
![]() |
![]() |
|
