Edu-saúde
REXISTRO DE ACTIVIDADES FÍSICAS EN FAMILIA
UNHA DAS ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE FOI COA AXUDAS DAS FAMILIAS , FIXEMOS UN REXISTRO DAQUELAS ACTIVIDADES QUE AS FAMILIAS DA NOSA ESCOLA REALIZAN NA CASA, CUBRIRON UN DÍPTICO QUE DESPOIS ANALIZAMOS EN CADA AULA.
A CONTORNA DO VAL- PROXECTO PASIÑO A PASIÑO
Dentro do proxecto "Pasiño a pasiño imos polo bo camiño..."
un dos obxectivos é coñecer a nosa contorna.
Xa visitamos Sedes e Domirón, agora tócalle á Escola do Val.
Esperamos que vos guste!
IOGA NA ESCOLA DE DOMIRÓN
Os nenos e nenas de 5 anos compartiron con nos unha sesión de ioga na que nos ensinaron moitas posturas e como conseguían concentrarse e calmarse. Nos copiamos deles e tamén o fixemos bastante ben, como nos gusta o ioga!!!!.Deixámosvos unhas fotos dalgunha das sesións que compartimos
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN
O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".
A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.
Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores
Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.
Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.
Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!
Despois merendamos, xogamos e volta...
Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!
ACTUALIZACIÓN RÉCORD PODÓMETRO
HOXE PASIÑO A PASIÑO, CAMIÑAMOS DENDE A ESCOLA DE DOMIRÓN ATA A ÁREA RECREATIVA DO COUTO
E OS NOSOS PODÓMETROS FIXERON UN NOVO RÉCORD...
9.394 PASOS- 6´85 KILÓMETROS.
PARABÉNS PARA TOD@S, IMOS POLO BO CAMIÑO!!!
A CONTORNA DE DOMIRON
Aquí tedes o noso video para convidar aos nosos compis das outras escolas do CRA a que veñan visitar a nosa zona. Este traballo, facendo de reporteiros e reporteiras, está enmarcado dentro do proxecto de centro: Pasiño a pasiño imos polo bo camiño. Durante o 2º trimestre traballaronse os mapas, distancias e tamén seguimos coas camiñatas, que está previsto que veñan os nenos e nenas do Val e Sedes a facer unha camiñata con nos pola nosa zona, igual que nos fomos a Sedes no 1º trimestre.
Quedou moi chulo!! De aquí a que contraten os nosos peques para o programa Aquí Narón (se o houbera) non queda nada!!!!
REXISTROS PODÓMETROS-2
ACTUALIZACIÓN DOS NOVOS REXISTROS DOS PODÓMETROS, 2ª-3ª SEMANA
Seguimos contando os pasos e kilómetros recorridos nas últimas semanas e temos novo récord!
REXISTROS- 4º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERMELLOS)
5º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERDES)
6º EDUCACIÓN INFANTIL ( AMARELOS)
PARABÉNS PARA TOD@S IMOS POLO BO CAMIÑO!
PODÓMETRO
Co proxecto " pasiño a pasiño imos polo bo camiño", estamos como tolos por camiñar.
No entroido vimos todo o necesario para ir de andaina
E agora comezamos unha nova actividade:
" Contar os pasos e km. que facemos diariamente na escola"
Todos os días un encargad@ leva posto un podómetro para ver cantos facemos e
rexistrámolos ó final da xornada.
Así vemos cantos facemos ó día, á semana, ó mes...entre tod@s.
Estos son os rexistros das dúas primeiras semanas.
4º Educación Infantil ( Vermellos)
5º Educación Infantil ( Verdes)
6º Educación Infantil ( Amarelos)
Actualizaremos os datos todas as semanas.
E poñeremos o récord, a día de hoxe é:
XA TEMOS GAÑAS DE SUPERALO...ÁNIMO CAMIÑANTES!
