1º Curso

O noso comezo en Primaria

Aquí vos deixamos un enlace á aula virtual do cole no que podedes visualizar e/ou descargar o vídeo que resume un pouco as nosas andanzas neste primeiro trimestre. 

 

Tivemos moitas actividades e experiencias que nos gustaría compartir con tod@s vós! 

 

Unha aperta grande dende 1º de Primaria 

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual2/pluginfile.php/1...

Aprender facendo

O alumnado de 1º de Educación primaria realizou varias actividades durante o curso que lles permitiu aprender facendo. 

Para poñer en práctica as medidas de masa e capacidade decidimos facer unha torta de queixo ao tempo que practicabamos matemáticas, reflexionábamos sobre unha alimentación saudable e encasillabamos os tipos de alimentos no grupo correspondente da roda alimenticia. Sen dúbida, a colaboración con todos e todas os/as compañeiros/as foi indispensable para obter uns bos resultados: degustar unha boa torta. 

Aprendemos que as funcións se poden repartir, que non todos temos que facer todo e que, se nos apoiamos os/as uns/as aos/ás outros/as todos/as aprendemos e nos enriquecemos dunha mesma experiencia. Velaquí tendes algunha proba do traballo

 

Co moito que lle gusta ao alumnado de primeiro pescudar sobre todo o que lles rodea, os seres vivos non podían ser menos. Polo de agora nos repartimos os grupos de vertebrados por parellas para investigar sobre eles e compartir as conclusións con todo o grupo clase. 

Para iso deseñamos un rincón de libros relacionados coa temática e un mostrario de especies de seres vivos que servirán de modelo para observar, analizar e recoller información necesaria. Nas fotos que se acompañan a continuación obsérvase cómo empregamos a titoría de pares para apoiar a tarefa, retroalimentarnos os uns aos outros e así aprender facendo. Cantísimo gozamos actuando como verdadeiros científicos/as!! 

De seguro que compartindo as aprendizaxes, debatindo e mantendo esa curiosidade seredes uns científicos excepcionais. 

 

A seguir aprendendo. A seguir facendo. A seguir medrando. 

Distribuir contido