Secretaría

Publicadas as listaxes definitivas de admisión 2020-21

FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS.  

Podedes consultar as listaxes no taboleiro de anuncios no interior do centro ou accedendo á aplicación admisiónalumnos, se dispoñedes da chave 365 ou de certificado dixital. Non se publicarán as listaxes na web atendendo á Lei de Protección de Datos.

PRAZOS FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO ( 3º e 4º de Primaria) e de AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( 1º e 2º de Primaria)

    - 19 de xuño: remata o prazo de presentación de solicitudes
    - Antes do 30 de xuño: publicación das listaxes provisionais.
    - 1 e 2 de xullo: reclamación ás listaxes provisionais.
    - 6 de xullo: publicación das listaxes definitivas.
    -Do 6 ao 10 de xullo : recollida dos  VALES  para entregar nas   librarías  (na sede de San Xiao de 9:00 a 14:00)
 A entrega dos libros de 3º e 4º lles correspondan farase no mes de setembro

Un saúdo. A dirección

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS EN ABALAR MÓBIL

Comunicamos a todas as familias que, neste terceiro trimestre, e ao igual que no segundo, deberedes consultar as cualificacións dos vosos fillos a través da aplicación AbalarMóbil. Non se entregarán as cualificacións de xeito presencial para seguir mantendo, sempre que sexa posible, as medidas de seguridade por mor do COVID-19.
Aquelas familias que teñades problemas para consultar as cualificacións a través de AbalarMóbil, deberedes solicitar o  envío das mesmas, vía correo electrónico, e realizando a petición a: cra.naron @edu.xunta.gal

Un saúdo. A dirección

Listaxe de libros de texto 2020-21

A continuación tendes a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020-21, pinchando na icona podedes descargar o listado correspondente a cada curso, salvo na Educación Infantil que é un só documento.

Educación infantil:

Educación primaria:

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

No propio documento ven explicado cómo proceder coa adquisión dos mesmos.

 

FONDOLIBROS: SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

19/05/2020

 

Dende mañá, día 20 de maio, ata o 19 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

 

    Enlace á Orde

 

   Enlace ao impreso de solicitude (anexo I y II)

 

A solicitude poderá presentarse presencialmente no  sede do CRA (de 09:00 a 14:00 horas) ou na sede electrónica da Xunta.

 

Notas importantes sobre o proceso:

 

Normas de acceso ao centro  para as familias que presenten a solicitude presencialmente:

 

  • Traer un bolígrafo propio.
  • Vir con mascarilla.

 

Para evitar masificacións , prégase aproveitar para entregar na SEDE ,o mesmo día que vos cite a vosa titora para ir buscar os materiais ao cole.