FUNCIÓNS DO DEP. DE ORIENTACIÓN

Servizos para atención á diversidade

O  Departamento de Orientación é un servizo para atender a diversidade. Entre os seus obxectivos citamos:

  1. Identificación temperá de necesidades educativas
  2. Intervención de apoio ou reforzo ao alumnado para avanzar na prevención dos problemas de aprendizaxe
  3. Revisión e/ou modificación de medidas de apoio e reforzo
  4. Asesoramento ao profesorado e ás familias

Para a consecución destes obxectivos, o Departamento conta cun Plan Anual de Orientación, no que se planifican as actuacións para cada curso educativo. Conta asimesmo con recursos específicos para a observación, avaliación e apoio a aqueles alumnos e alumnas que presenten algunha dificultade educativa.

O departamento de Orientación está constituido polo conxunto de profesores e profesoras que interveñen na atención á diversidade:

  1. ORIENTADORA: a súa tarefa principal en relación cos alumnos e alumnas  é axudar na avaliación das necesidades educativas, e na concreción das medidas de apoio ou reforzo, así como asesorar ás familias e ao profesorado.
  2. PROFESORA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: a súa tarefa céntrase en colaborar na avaliación e intervir nas dificultades xenéricas de aprendizaxe .
  3. PROFESORA DE AUDICIÓN E LINGUAXE: a súa tarefa céntrase na intervención, avaliación e seguemento das dificultades de aprendizaxe relacionadas coa linguaxe.
  4. PROFESORAS DE APOIO XENÉRICO: a súa tarefa é a de colaborar cos profesores titores naquelas aulas con máis dificultades derivadas da súa composición, ou da escolarización nesas aulas de alumnos ou alumnas que presenten algunha necesidade educativa.

Na prevención e intervención das  dificultades de aprendizaxe está implicado todo o Colexio, titores, profesores especialistas e profesores de apoio, e tamén as familias para acadar o obxectivo básico e fundamental de que todo o alumnado acade o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.

Naqueles casos ou situación nas que as familias observen ou estean preocupadas por algún aspecto da escolarización dos seus fillos, o primeiro paso será comunicar esas preocupación aos profesores/as  titores que atenderán as inquedanzas das familias.

Os profesores e profesoras do Departamento de Orientación queren tamén poñerse á disposición das familias para atender calquera dúbida ou preocupación sobre a educación dos alumnos e alumnas, especialmente daqueles alumnos e alumnas que na actualidade teñen algunha intervención de reforzo ou apoio.

Para comunicarse cos profesores e profesoras do Departamento, as familias poden avisar aos profesores titores ou á Orientadora, SUSANA, no tfno:696920190

Cada ano nos reximos por un Plan Anual de Actuación . Este é o correspondente a este curso. Aquí tedes a adptación que fixemos para este 3ºtrimestre