FELIZ VERÁN

Dende a ANPA do CRA de NARÓN queremos desexar a todo o alumnado así como ós profes e toda a equipa educativa un feliz verán.

 

Este curso que rematou tivemos iniciativas de dístinta índole:

- Colaboramos coas familias de Pedroso para tratar de reabrir a escola que pertence ao CRA

- Participamos na CABALGATA de REIS de NARÓN

- Fixemos un ciclo de coidado do medio ambiente con limpezas de praias e visita a unha exposición de fotografía de Cristina Mittermeier (National Geografic) 

- Asistimos a un taller de IOGA EN FAMILIA

- Visitamos EVO SKATE PARK onde nos ofreceron unha exhibición de skate

- Organizamos as festas de SAMAÍN e de FIN DE CURSO

- Servimos un chocolate con churros para todos os alumn@s e profes no NADAL

 

Este ano se implementou o servizo de madrugadores na escola de DOMIRÓN, e o ano que ven tamén comenzará a funcionar na escola de O VAL.

Ademais, como cada ano, organizamos as actividades extraescolares que contaron con gran participación. Este ano tivemos: cociña, predeporte e robótica.

E colaboramos nas excursions, financiando parte das saídas.

 

Esperamos que os nosos socios e socias poideran desfrutar das nosas actividades.

Estamos abertos a calquera tipo de suxestión, iniciativa ou ideas.

Para eso temos o email (ampacranaron@gmail.com);teléfono 622 756 938; buzóns de suxestións nas escolas e calquera de nos estará disposto para o que necesitedes.