Intercentros 2019....Facendo Teatro

 

O grupo de 4º de Primaria representou a obra ANTÓN NO PAÍS DAS MERENDAS no certame Intercentros de Narón, no Pazo da Cultura, o 29 de abril, obtendo un accésit como premio pola súa participación na categoría de expresión oral. Esta mesma obra, unha adaptación dun texto de Lupe Ces e con poemas de Antón Cortizas, representárona ademais no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de maio, dentro do certame Teatro con G, organizado pola coordenadora de equipas de normalización lingüística de Ferrolterra. Nesta actuación tiveron como público a nenos dos colexios Ludy e Isaac Peral, familiares e a todos os compañeiros de Primaria do Val. A obra remata cun twist, no que Antía, Sabela, Brais, Víctor, Daniel e Álex bailan e cantan.

 
 

E aqui tendes o enlace para ver o video da actuación no Jofre:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/pluginfile.php/1891/mod_resource/content/1/Jofre14-maio_AntonNoPaisDasMerendas.mp4