Susana Seivane Visitou a Nosa Escola!!!!

O 25 de maio tivemos o grandísimo pracer de coñecer e compartir unha bonita experiencia con Susana Seivane grazas ao programa edumotiva, da man da consellería de educación.

Apuntámonos para ser un dos coles seleccionados que tivera a enormísima sorte de ter a visita de Susana Seivane, xa que nos interesa moito o folclore galego e parécenos un bo exemplo de muller, galega, gaiteira e gran profesional. Cal foi a nosa sorpresa cando nos comunican que participaremos de EDUMOTIVA! Estabamos tod@s moi ilusionados coa noticia, preparamos con moito cariño as actividades e diferentes sorpresiñas que lle iamos dar a Susana. E por fin, chegou o día...

Que nervios! Esperabamos tod@s sentad@s no ximnasio a que viñera Susana Seivane e, cando apareceu co seu sorriso, quedamos sen palabras. Veu cargada de experiencias, anécdotas, aprendizaxes, cancións e sobre todo, moita alegría que nos contaxiou a tod@s.

Aprendimos todas as partes da gaita, a diferencias os sons que facía cada unha, os tipos de materiais e como non os diferentes ritmos galegos que se podían facer sonar con ela. Tamén descubrimos que as gaitas son un instrumento artesanal que, de feito, elaboran no taller Seivane ( é dicir, da familia da nosa protagonista) e quedamos convidados a visitalo ... quizais vaiamos este curso!

Coñecimos cómo foi a infancia de Susana, que instrumentos toca e cáles tocan os seus compañeiros e compañeiras de banda. Descubrimos por qué é tan famosa e xa nos informamos dos seus próximos concertos para poder vela de novo. Foi xenial compartir as súas vivencias e experiencias.

O que máis nos gustou foi que puidemos tocar unhas pandeiretas que trouxo e como non bailar e cantar coas cancións que nos ofreceu. Quedamos tod@s contentísimos e con moitas ganas de continuar ... que non rematase nunca!

Para finalizar, entregámoslle os nosos agasallos e ela firmounos tamén uns autógrafos! Foi unha actividade que recordaremos sempre con moito cariño!

Grazas por todo Susana, grazas ao programa EDUMOTIVA. Aquí vos deixamos algunhas fotos para recordar estes bonitos momentos:

E aqui podedes ver o video do día:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 e aqui podedes descargalo para o recordo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...