E para acompañar tan magno evento, como é a publicación do noso libro, presentámosvos unha escolma de cantigas recitadas polo alumnado do 1º ciclo de primaria. A tradición ten futuro no noso centro.
Os nenos de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria están a coñecer o proceso de transformación dos vermes da seda en bolboretas de seda. Trátase do proxecto "Enredando, artesanía na Escola" que está a desenvolver a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en catro centros educativos de cada provincia.
A programación do EDL para o mes de maio segue en marcha. Desta volta tocoulle ao alumnado do 1º ciclo de primaria participar nunha actividade de xogos populares da man do Lito e máis a Marta do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Fabricaron unhas turutas con cana e fixeron bailar unha avelá como se fora un peón. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas, así que seguro voltarán polo centro o ano que ven.