Skip to Content

contador gratis para blog

Secretaría

Información Matrícula Curso 2017/2018

Calendario que se establece para o proceso de admisión do alumnado no curso 2017/2018:

· Reserva de praza para un centro adscrito 1 ao 15 de febreiro.

· Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.

· Solicitude de Admisión do 1 ao 20 de marzo.

· Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo do 22 de marzo ao 5 de abril.

· Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.

· Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.

· Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño

· Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo

· Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro.

 Información Importante

 1. Os Anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solictude de admisión) poderánse presentar a través da aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

2. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2017/2018.

3. No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

4. Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

5. O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

6. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitude de admisión.

7. O Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

 

8. Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos...

Libro de texto de 2º ESO

Estimadas familias achegámosvos a información do libro de matemáticas para 2º ESO: 

Portada  

Matemáticas 2.

  • José Colera Jiménez; Ignacio Gaztelu Albero; Ramón Colera Cañas
  • ISBN: 978-84-698-1426-0

FONDO DE LIBROS SECUNDARIA

 Xa podedes consultar os libros que lle foron asignados aos alumnos de 1º e 3º da ESO no fonde libros.
 
 

FONDO DE LIBROS SECUNDARIA 1º ESO

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO ED. PRIMARIA. CURSO 2016/2017

Listaxe definitivo de Fondo Solidario de libros de texto de primaria. Curso 2016/2017

 Podedes descargalo nesta ligazón: Fondo solidario primaria 2016/2017

Calendario de Setembro

Calendario de exames de Setembro. Ao final do documento tedes un enlace por si queredes descargalo.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2016/2017 . LISTAXES PROVISIONAIS.

AVISO

Xa están xeradas as listas provisionais de admitidos e excluidos no Fondo Solidario de libros de texto 2016/2017.

Todas as solicitudes foron aceptadas, ningún alumno quedou excluido.

- PARA OS CURSOS 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

Debido a que non se tramitará ningunha reclamación, adiantase a publicación  da lista definitiva ó próximo luns día 11 de xuño. NESTA PUBLICACIÓN REFLICTIRASE A ASIGNACIÓN DE LIBROS POR ALUMNO.

 

- PARA OS CURSOS 1º E 3º DE ESO.

A lista definitiva cos libros asignados publicarase en setembro, unha vez rematada a avaliación extraordinaria.

LIBROS DE TEXTO ED. INFANTIL E PRIMARIA. CURSO 2016/2017

Información sobre os libros de texto de educacion infaltil e educación primaria, para o vindeiro curso 2016/17

Podedes descargar as listas nas seguintes ligazóns.

IMPORTANTE: - Houbo un cambio nos libros de 2º de primaria. Suprimiuse o libro de actividades de Matemáticas.

                        - Modificouse o ISBN dos libros de Relixión de toda a primaria,  e CCNN de 5º de Primaria

NOVOS CAMBIOS:

                          O libro de plástica de 5º de primaria é en galego. O ISBN está ben na lista, había un erro no idioma.

                          Correxíronse os ISBN dos libros de Lengua Castellana e Lingua Galega de 6º de primaria, pois había un erro.

Podedes descargar as listas actualizadas.

Libros Infantil

Libros Primaria

 

LIBROS ESO CURSO 2016/17

Listaxe de libros da ESO para o próximo curso.

AVISO: INCLUIUSE UN NOVO LIBRO EN 4º DE ESO (LENGUA Y LITERATURA CASTELLANA)

Podedes descargalos na ligazón

Libros ESO

 

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2016/2017

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 3º ESO)

Listaxe provisional admitidos/excluídos: 11 de xullo de 2016

Reclamacións á listaxe provisional: 2 días seguintes á publicación da listaxe

Listaxes definitivas:

-       3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: o 15 de xullo

-       1º e 3º de ESO: o 15 de setembro

A entrega de libros farase ao comezo do próximo curso (setembro)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º de EP e 2º e 4º ESO)

A entrega de vales será do 11 ao 15 de xullo ou a partir do 1 de setembro, excepto para o alumnado de ESO que teña materias pendentes que será en setembro.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A entrega de vales será do 11 ao 15 de xullo ou a partir do 1 de setembro, excepto para o alumnado de ESO que teña materias pendentes que será en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut