Skip to Content

contador gratis para blog

Homenaxe aos Pallasos da Tele

É Nadal

Concurso de Chistes Hilarantes II

Concurso de Chistes Hilarantes I

Bo Nadal

White Christmas

Felices Festas e Feliz Ano

Felices Festas e Feliz Ano a toda a comunidade do CPI Virxe da Saleta: Alumnado, familias, profesorado, persoa laboral do centro e a todos os veciños e veciñas dos concellos de Cea e Piñor. Este foi un ano cargado de traballo e aprendizaxes e agardamos que o que ven veña mellor aínda. As clases reanúdanse o 8 de xaneiro, pero a nosa web non descansa, e durante as vacacións iredes vendo como suben os videos de cada actuación do festival de nadal. Un ano máis, fixestes un grande traballo coas vosas actuacións. Parabéns a todos.

As cantigas na TVG

A Revista da Tarde, programa da TVG emitido o luns 17 de decembro recolleu a nova da publicación do noso libro Cántame e Cóntame Avoa. Na noticia podedes escoitar aos profes e aos alumnos falando e tamén ao señor Eladio de Confurco abraiado coa repercusión mediática das súas cantigas. Picade directamente no minuto 19:37

Mensaxe Oculta

   A semana pasada estivo con nós o grupo Chévere, representando unha obra de teatro. Dous actores tivéronnos enfeitizados durante toda a tarde, achegándonos a información oculta que teñen algunhas cancións que todos bailamos ou tarareamos algunha vez. Realmente a mensaxe que nos transmitiron foi:

"A DENUNCIA DA VIOLENCIA DE XÉNERO"

Nadal reciclado

Xa temos árbore de Nadal, 100% reciclado!!! Aquí tedes unha mostra do traballo dos alumnos de 3º de ESO. O resultado non está nada mal, non?

Gracias a todos os que colaborastes traendo botellas.

Distribuir contido


by Dr. Radut