Skip to Content

Excursión a Lugo

 

O martes 10 de xuño fomos de excursión a Lugo. Pasámolo moi ben. Visitamos o museo de Lugo e había moitos cadros e esculturas moi bonitas e antigas. Había unha tumba de pedra para enterrar xuntos a un matrimonio, chamounos moito a atención. Tamén vimos unha fonte cunha cara que botaba auga pola boca. Vimos moitos reloxos de sol. Gustáronos moito os colares e as pulseiras que había porque tiñan pedras preciosas e as moedas antigas de ouro. Tamén había abanicos e xogos de mesa feitos con pedras. Ao saír do museo camiñamos a muralla enteira en media hora, 2 quilómetros!! Ía moita calor e rematamos moi cansos. A muralla de Lugo é da época romana. Pareceunos incrible que se puidera construír algo tan grande naquela época. Algunha nena tiña vertixe e dáballe medo estar tan arriba.

Cando saímos da muralla dirixímonos a Avifauna. É un parque zoolóxico de aves. Fíxonos moita graza un paxaro branco que non paraba de berrar nin de correr dun lado para o outro, era unha cacatúa e facía cousas moi graciosas. Cando marchamos de alí dicíanos: ola, ola, ola. Atopamos información e bonecos de paxaros que xa están extinguidos como o dodo. Pareceunos impresionante o longas que eran as patas e o pescozo do avestruz. Vimos cisnes brancos e negros e a grulla coronada que tiña unha coroa de plumas amarelas. E o ibi, que ten peteiro e patas longas e é de cor vermella. Os exipcios pensaban que era un Deus. A pesar de todas estas visitas culturais e naturais unha das cousas que gardamos sempre na memoria é o momento de comer os xelados. Sobre todo se accidentalmente algún dos nosos compañeiros nos tira o xelado ao chan. No apartado de anécdotas tamén lembraremos a película de debuxos de Doraemon que vimos no autobús cando voltamos ao cole, tamén que iamos xogando ás adiviñas no autobús, os xogos durante as esperas para entrar en Avifauna, o niño de cegoñas e os cabalos que vimos cando iamos cara Lugo, os xogos de pienso pienso, os de pilla altura e pilla stop, os chistes, cando perdemos cousas...

Artigo colectivo de todo o alumnado do 1º Ciclo de Primaria



blog | by Dr. Radut