Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA CON PACHAMAMA CREW

Este venres 22 de marzo os alumnos de 3º e 4º asistiron a un concerto do grupo PACHAMAMA CREW como premio por ser o vídeo de 4º un dos gañadores do concurso que formaba parte do proxecto "O Tesouro de Acahualinca".

Alí xunto a alumnos doutros institutos, como o de Cambre e Fene, tamén gañadores e os mozos Yelda, Paola e Juan de Acahualinca puxemos fin a un camiño emprendido hai varios meses. A alumna de 4º, Melania Baltasar Otero subíu a recoller outro premio, xa que o premio era acudir ao concerto, bolsas de agasallos do Comercio Xusto, despois de ver o noso vídeo.
Tras a recollida polos demais gañadores, tivo lugar o concerto co grupo que estivo na Chureca colaborando coa poboación hai dous anos e grabou con eles a canción "El tesoro".
https://picasaweb.google.com/s/c/transparent_album_background.gif) no-repeat left;" align="center">
CONCERTO DE ACAHUALINCA

Aquí o enlace a un vídeo cun momento do concerto:

http://youtu.be/OD5nlcETnm0</

ACAHUALINCA E O CPI DE VEDRA NA TVG E EN "EL CORREO GALLEGO"

 

O pasado mércores 20 de marzo o xornal "El Correo Gallego" recollía a visita ao noso centro dos mozos de Nicaragua.
Tamén o sábado 23 de marzo, a TVG no seu programa A Revista Fin de Semana recollía a visita e as impresións dos nosos alumnos nunha pequena reportaze.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-554769

CHARLA COS MOZOS DE NICARAGUA

 

Este martes 19 de marzo recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan, tres mozos da Chureca no barrio de Acahualinca en Managua (Nicaragua).
Esta visita era a terceira e última fase dun proxecto chamado "O Tesouro de Acahualinca" co que nos achegamos os alumnos de 3º e 4º á realidade da vida xunto ao maior vertedoiro de lixo de América Central.
Pero esta charla permitíunos tamén comprobar os cambios e progresos que chegaron coa axuda e cooperación desde España a través de distintos organsmos públicos e ONG como Solidariedade Internacional. 
Coñecíamos moitos aspectos da Chureca pero, sen dúbida, as testemuñas destes mozos aportaron non só máis información senón tamén unha lección de superación, loita, optimismo moi importante.

Artigos sobre Gregor Mendel no Blogue CLIMANTICA

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO publicou varios artigos sobre Gregor Mendel, o chamado pai da Xenética e autor das chamadas "Leis de Mendel". Preme AQUÍ para ver os artigos.

ALUMNOS DE 4º ESO GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEOS DO "TESOURO DE ACAHUALINCA"

Os alumnos de 4º que coñeceron o proxecto "O Tesouro de Acahualinca" da ONG Solidariedade Internacional son os ganadores do concurso onde todos os centros participantes de Galicia presentaron un vídeo sobre  cómo é a sía vida cotiá. 
Este concurso de vídeos participativos forma parte dunha das fases do que levamos traballando ao longo do curso. Lembramos que xa en novembro recibiron a visita de monitoras da ONG para explicarnos o proxecto. A realidade da poboación do barrio de Acahualinca na capital de Managua (Nicaragua) onde está o vertedoiro de lixo La Chureca, un dos máis grandes de Latinoamérica supón coñecer distintos aspectos que son traballados con eles. No caso de 4º desde a materia de Educación Ético-Cívica e no caso de 3º, que tamén participan, na materia de Xeografía.
Pedíase un vídeo no que os nosos xóvenes mostrasen cómo é a súa vida cotiá aos mozos do barrio de Acahualinca. Nos vindeiros días chega a visita ao noso centro de tres mozos de Managua cos que teremos unha charla.
O premio do concurso, aínda que iso é o de menos, será o traslado gratis a un concerto o día 22 a todos os alumnos de 3º e 4º onde disfrutaremos do grupo Pachamama Crew que colabora no proxecto.
Aquí tedes o noso vídeo do cal a súa profe estivo moi orgullosa desde o primeiro día que o veu. Todo o mérito é deles que se encargaron de todo e da realizadora do mesmo a alumna, Melania Baltasar Otero, sen a cal non sería posible.

 

ALUMNADO DE 2º DE ESO VISITA A CIDADE DA CULTURA E O MUSEO DO POBO GALEGO

Nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, as alumnas e alumnos de 2º de ESO visitaron a Cidade da Cultura e o Museo do Pobo galego o venres día 1 de marzo.

Máis información no blog do Departamento de Xeogafía e Historia: http://socvedra.blogspot.com.es/

ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS

Recoñecendo a importancia da enerxía para o desenvolvemento sostible, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

Entra  as actividades, organizadas polo Concello dentro da SEMANA DA CIENCIA destacan as seguintes:

CHARLA SEMANA DA CIENCIA 2012

O tema da charla foi as enerxías sostibles, impartida por unha especialista do INEGA, no Centro Sociocultural de Vedra

Participaron os cursos de 3º ESO, 4ºESO e 4ºESO PDC 

Charla Enerxías Sostibles      Charla Inega

 FEIRA DA CIENCIA 2012

O Concello presenta o Proxecto Vedra en Ciencia. Con él pretendese fomentar o coñecemento sobre a enerxía sostible aos participantes, así como o traballo en equipo e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos.

Participaron todolos alumnos de Tecnoloxías e Tecnoloxía de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO, e tres alumnos de 4º ESO PDC. O alumnado do grupo de teatro representou a obra "A morte da bombilla".

O Concello ao tempo lles proporcionou un medio no que presentar os seus traballos ante o público, facendo participes desta experiencia a mestres, alumnado e familia.

O Concurso tiña unhas bases, e a temática de cada traballo versaba sobre as enerxías sostibles. Construíron aparellos , fixeron murais con propostas de aforro enerxético, elaboraron presentacións, vídeos...etc

Os traballos foron expostos e presentados ante o xurado na tarde do domingo 25 de novembro no Centro Sociocultural de Vedra.

Houbo seis categorias de participación con un único premio en cada categoría, é todalas persoas participantes tiveron un agasallo. Participaron tamen outros colexios do Concello.

No primeiro ciclo da ESO, o premio foi para o proxecto “Cidade Eólica” feito polo grupo formado por Antonio Nogueiras, Laura Villar, e Lorena De Roo de 2º ESO B.

No segundo ciclo da ESO o premio foi para o  proxecto “Mesa de Xerminación”  de Manuel Millán (4º ESO)

Ademáis a feira da ciencia contaba coa exposición "La energía nos mueve"

Preme nos seguintes enlaces:

Fotos Charla Inega"Enerxías Sostibles" Semana da Ciencia 2012

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/CHARLAINEGA02?authuser=0&feat=direct

Video "Exposición Vedra en Ciencia"

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/VedraEnCiencia02?authuser=0&feat=directlink

Video"Feira da Ciencia 2012"

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/SEMANADACIENCIA?authuser=0&feat=directlink


DÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA EN GALEGO

A partir do 16 de outubro e ata o 5 de novembro de 2012 celebramos o III Día da Ciencia e daTecnoloxía en Galego.  

Ciencia en Galego

Os lemas fóro"A Tecnoloxía é cultura" e " Tecnoloxía: evolución e cultura".   

Os homenaxeados deste ano fóron Leonardo Da Vinci e Ramón Verea. Sen dúbida, se alguén encarna o espíritu da Tecnoloxía é “Leonardo Da Vinci”. O estradense Ramón  Verea é recordado por ser o inventor dunha das primeiras calculadoras. 

A proposta das actividades lúdicas  ná materia de Tecnoloxía neste festexo centráronse ná bicicleta e ná figura de Leonardo Da Vinci e consistiron no seguinte: 

a) Os alumnos de 2º ESO fixeron fotografías das súas bicicletas e tamén buscaron información e fotos doutras bicicletas. Con esas fotografías podían crear un álbum web ou unha presentación. Cada unha desas fotografías podería levar un "título" con referencia a esta celebración.   

b) Análise técnica das partes dunha bicicleta e sobre a evolución da bicicleta ao longo da historia. 

 Preme nos archivos adxuntos, para ver unha mostra dalgúns traballos. 

PROGRAMACIÓN TECNOLOXÍA 2012-2013

Pódense consultar neste arquivo, os obxectivos xerais, competencias básicas, obxectivos por curso, contidos mínimos, criterios de cualificación, e programas de reforzo e recuperación programados para o curso 2012-2013. 

REMATAN AS CHARLAS DO III PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA

Este xoves día 14 de febreiro tiveron lugar as charlas correspondentes á segunda xornada do III Plan Director da Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, que se organizaron no centro promovidas desde o departamento de Ciencias Sociais/Xeografía e Historia, participando na convocatoria do Ministerio do Interior en coordinación coa Conselleria de Educación. Nas mesmas o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu información e puido debater sobre o tema das Drogas e Alcol.

O pasado día 30 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada de charlas impartidas pola Garda Civil dentro deste III Plan Director da Convivencia. Naquel caso as charlas estiveron dirixidas aos curso de 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO coa temática: Acoso Escolar e Perigos de Internet.

Ver Galería de fotos completa

Distribuir contido


by Dr. Radut