Skip to Content

Lingua Galega

Celso Emilio antibelicista

Unha das características de Celso Emilio é o seu antibelicismo. Celebramos o día da paz cun poema seu.

TEMPO DE CHORAR

 

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

 

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

 

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

CUNQUEIRO

Cunqueiro 100 anos

 

Preme aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut