Skip to Content

Vedra medra. Últimos ensaios na Escola de xenerais e correos

Coma cada ano chega o Entroido e desde Vedra medra seguimos a manter o compromiso con esta tradición local. 

Esta vez fixémolo da man da Escola de xenerais e correos que o Concello promoveu e na que participamos cunha vintena de rapaces de educación primaria e da ESO.

Cada martes, desde o día 21 de xaneiro compuxeron e prepararon os atranques cos que participarán no Entroido escolar e no municipal.

Agora tócalles actuar no centro. 

Velaquí as dez parellas, de xenerais e correos, que se presentarán ante os compañeiros/as e profesores/as:

1º. Laura (6º EP) —Ángel (4º EP)

2º. Noel (1º ESO)—Laura (3º ESO)

3º. Dani García (1º ESO)—Pablo F. (2º ESO)

4º. Dani Rodríguez (1º ESO)—María Pereira (2º ESO)

5º. Iker (4º EP)—Gisella (5º EP)

6º. Inés Garrido (2º ESO)—Andrea (2º ESO)

7º. Alex Cabo (1º ESO)—Lucía (4º EP)

8º. Carlota C. (1º ESO)—Ainara (2º ESO)

9º. André (3º ESO)—Gabriela (4º ESO)

10º. Xabi (4º ESO)—Asier (3º ESO)

11º. Xabi (4º ESO)—Gabriela (4º ESO)

Moita sorte para todos/as! E grazas aos preparadores/as.

Aquí deixamos algunhas fotos da última sesión dos ensaios.

Galería de fotos

Xulia Marqués, coordinadora de Vedra medra



story | by Dr. Radut