Skip to Content

4º ESO: Temáticas sobre Evolución para os post do Blogue CLIMÁNTICA

ARTIGOS (Posts) no BLOGUE CLIMÁNTICA sobre EVOLUCIÓN:

Elaborade un artigo sobre as temáticas tratadas na unidade 5 (Evolución dos seres vivos).

Algúns dos temas que vos suxiro para os "posts" son:

  • Hipóteses sobre a orixe da vida (en xeral ou ben centrándose nalgún aspecto concreto ou chamativo dalgunha delas).
  • Referencias biográficas de Darwin, a sociedade na época de Darwin...
  • A viaxe do Beagle (en xeral ou algunha anécdota ou feito curioso ou chamativo).
  • A adaptación ó medio e a evolución (en xeral ou algún exemplo concreto de adaptación que sexa chamativo ou curioso...).
  • A biodiversidade (importancia de conservar a biodiversidade, algún exemplo de amenazas á diversidade...).
  • Relación entre a clasificación dos seres vivos (os cinco Reinos) e á evolución.
  • Exemplos de especies importantes nos estudios da evolución (elos perdidos e fósiles vivientes): o archaeopteryx, o celacanto, o okapi, os peixes pulmonados, os fentos arborescentes, a árbore "Ginkgo biloba"...
  • Que son os "elos perdidos" na evolución dos homínidos?
  • Onde e cando apareceu a especie humana (Homo sapiens)?
  • Cal vai ser o futuro da evolución da especie humana?

Buscade información consultando as ligazóns "Ciencia para todos" e "Blogues científicos" que tedes nos menús da dereita do noso BLOGUE CLIMÁNTICA, ou en outras páxinas web sobre evolución que atopedes, e non só en WIKIPEDIA ou GALIPEDIA.

Accede ao BLOGUE CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra premendo AQUÍ.



story | by Dr. Radut