Skip to Content

Lingua galega

SEGUIMOS DANDO QUE FALAR

O proxecto de 4ºESO para oficializar a lingua galega no Parlamento Europeo segue tendo moita repercusión. 

Como xa vos dixemos, o venres pasado viñeron polo centro xornalistas de La Voz de Galicia, Nós e da TVG agora deixámosvos aquí os enlaces para que comprobedes o ben que o fixeron:

 

La Voz de Galicia (domingo, 21 de febreiro)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2021/02/21/span-langgl-cpi-cruce-cerceda-activa-unha-campana-galego-sexa-reconecido-nivel-europeospan/0003_202102C21C6993.htm?fbclid=IwAR1umVnh-9ZkAgwpOB7BF-EvMQ5dG1he7W_Ca1IjSBMG0xNK1i4uaitKhg0

 

Nós diario (domingo, 21 de febreiro)

https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/loita-pola-oficialidade-do-galego-parlamento-europeo-colexio-primaria/20210219201651116255.html

 

TVG (mércores, 24 de febreiro)

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/de-cerceda-ao-parlamento-europeo-4826695

DÍA DE ROSALÍA (III)

XUNTOS MANTEREMOS VIVA A PALABRA DE ROSALÍA!

Para conmemorar o Día de Rosalía todo o alumnado do centro (infantil, primaria e secundaria) participou nunha iniciativa que consistía en colorear un retrato de Rosalía de Castro. 

Unindo todas esas imaxes compúxose este retrato final que agora permanece exposto na entrada do centro xunto cunha selección dos seus versos.

Con esta posta en escena queremos simbolizar que cada un de nós somos parte da imaxe que queremos transmitir de Rosalía...

 

DÍA DE ROSALÍA (II)

QUE O PASO DO TEMPO NON RESTE ACTUALIDADE Á SÚA VOZ!
 
Para conmemorar o Día de Rosalía o alumnado de 2º ESO realizou unha serie de acrósticos partindo dos versos de Cantares Gallegos (CG) e Follas Novas (FN).
Trátase dunha reinterpretación libre da voz da poeta.

Raparigo, Dios te garde! (CG 4, 67)

O son das pandeiras (CG 1, 62)

Sin ningunha para ti (CG 2, 8)

Ai! Que si non de min fora, (CG 3, 25)

Lucindo o negro zapato (CG 6, 67)

I alí con aire (CG 5, 101)

Atravesando (CG 7, 11)

Debaixo dunha figueira (CG 8, 33)

E pensa e pensa naquelo (CG 9, 7)

Como o caravel levou (CG 10, 26)

As soidades viñeron... (CG 11, 20)

Sorrindo nos miraban (CG 12, 19)

Téñovos pois que deixar (CG 15, 34)

Roxo e encarnado (CG 13, 29)

Os paniños vai lavando (CG 18, 56)

Alba Eijo Grela

Rapaza do demo (CG 1, 30)

O meu corasón che mando (CG 2, 23)

Sin agarimo no mundo (CG 3, 27)

As bágoas ardentes caen (CG 4, 8)

Lucindo o negro zapato (CG 6, 67)

I el que d’amores sedendo (CG 8, 56)

A verdá digo (CG 9, 22)

Dempois que si me dixeches (CG 10, 17)

E das entrañas me doio (CG 11, 9)

Cal rosa no rosal (CG 12, 6)

Anque me mate (CG 13, 3)

Si as brisas da tarde (CG 14, 29)

Terra donde me eu criei (CG 15, 6)

Redobre das castañetas (CG 17, 56)

O que de lonxe as mirara (CG 18, 16)

Raúl Rodríguez Liñares

Ramo de froles parece (CG 6, 158)

O par da brisa temprada (CG 18, 31)

Sempre pola vila entraba (CG 28, 11)

Así te quero, meu ben (CG 4, 49)

Levaime, levaime airiños (CG 17, 37)

I así pasou! Que aquel que todo mira (CG 25, 170)

Así a meniñaando (CG 5, 21)

Dios bendiga todo nena (CG 3, 1)

E foron, ai! testigos (CG 12, 21)

Canta meniña (CG 1, 6)

Aló pola mañanciña (CG 11, 20)

Sempre malla que te malla (CG 9, 9)

Téñovos pois que deixar (CG 15, 34)

Roxiña cal sol dourado (CG 18, 5)

O que mantén as formigas (CG 20, 139)

Sara Rodríguez Prego

Risoña-las mañás (FN 36, 2)

O medoso asubío (FN 5, 7)

Silencio coma d’igrexa (FN 7, 36)

Aquela linda canzón (FN 9, 43)

Lonxe caiches, pobre John, da tomba (FN 19, 49)

I unha tras outra folla (FN 20, 7)

Alí quedou perdida e sepultada (FN 22, 28)

Da igual, extensa llanura (FN 23, 35)

Eu durma de no ser (FN 24, 12)

Co aquela gracia sin igual que é a súa (FN 25, 14)

A alma enferma, poeta e sensible (FN 26, 11)

Sempre malla que malla (FN 28, 9)

Todas iguales se quedan (FN 32, 9)

Rexistra os antros terreos (FN 33, 10)

O conto é sarna sin el (FN 38, 2)

Imanol Rumbo Bavestrello

DÍA DE ROSALÍA (I)

QUE AS MÁSCARAS NON APAGUEN A VOZ DE ROSALÍA!
 
Para conmemorar o Día de Rosalía o alumnado de 1º ESO musicou varios poemas da autora a ritmo de rap.
Podedes escoitalos a seguir. Que vos parece?
 

 

21 de febreiro. Día internacional da lingua materna

Como xa saberedes este ano o CPI O Cruce é escola embaixadora do Parlamento Europeo. Aproveitando esta circustancia e como o vindeiro día 21 de febreiro é o Día internacional da Lingua Materna o alumnado de 4º ESO promoveu unha iniciativa popular para solicitar que o galego sexa lingua oficial no parlamento europeo.

Así, crearon un change.org para recoller sinaturas (http://chng.it/GKRbkmVFJX) e estano movendo polas redes sociais.

Este proxecto está tendo moitísima aceptación e a súa difusión é espectacular. Os medios de comunicación están facéndose eco da noticia, como o xornal El Español (https://www.elespanol.com/.../alumnos-de-cerceda-a-coruna...) e a Radio Galega, que entrevistou onte en directo a dúas alumnas: Noemí García Lamas e Blanca Varela Seoane (http://www.crtvg.es/.../galicia-por-diante-galicia-por...).

Ademais mañá achegaranse ao centro xornalistas de La Voz de Galicia e da TVG para gravar senllas reportaxes sobre a iniciativa.

O seu change.org conta xa co apoio de máis de 2700 asinantes, entre eles persoeiros destacados do mundo da cultura galega: escritores como Ledicia Costas, Helena Villar Janeiro e Miro Villar; ou actores como Touriñán e David Amor, pero tamén ten repercusión internacional con asinantes da iniciativa de Suíza, Bélxica, Reino Unido, México ou EEUU.
 
Están facendo un excelente traballo e merecen todo o noso apoio e parabéns: o seu compromiso coa lingua é semente de futuro para o galego.

 

Día internacional da non violencia contra a muller (II)

Tamén o alumnado de 1ºESO B quixo sumarse a esta loita a favor das mulleres creando unha serie de caligramas a partir de poemas galegos.
Deixámosvos aquí unha pequena selección:

 

Día internacional da non violencia contra a muller

Hoxe é o Día internacional da non violencia contra a muller.


O primeiro que queremos é denunciar a situación na que viven (e morren) miles de mulleres que sofren violencia física e psicolóxica, situación que se agravou co confinamento e que multiplicou exponencialmente a demanda de axuda.

Nós non podemos, nin queremos, ser cómplices e por iso traballamos para educar na igualdade e no respecto.

Mostra deste compromiso é o traballo realizado polo alumnado de 2ºESO A, a partir do poema de Susan Hawthorne, "Como protexerse dunha violación?", que podedes consultar no seguinte enderezo:

 https://www.youtube.com/watch?v=JxId9Ka71DY&feature=youtu.be

 

Distribuir contido


by Dr. Radut