Este martes 30 de xaneiro recibimos a visita de compañeiras e compañeiros do IES Francisco Aguiar e do noso asesor no CFR de A Coruña, no marco da fase II do programa da CCEFPU Observa_acción no que participamos con moita ilusión.
A xornada comezou ás 9:30 cunha visita guiada ao centro e incluiu observacións de aulas de primaria e secundaria e reunións de intercambio entre membros dos equipos directivos e de equipos de dinamización, nomeadamente de biblioteca.