Skip to Content

Polos Creativos

Marabillas esféricas

esferificacions de Raquel Veira Díaz

Alumnado de 5º e 6º de primaria impartiu un obradoiro de foguetes químicos e de auga na final autonómica do CanSat, celebrada en Cerceda

O pasado martes 23 de abril celebrouse no aeródromo "As Gaivotas", en Cerceda, a final autonómica da competición da Axencias Espacial Europea CanSat.

Alumnado de 5º e 6º de primaria, que pertence ao Club de Ciencia e traballa en proxectos de Polos Creativos, foi convidado a participar no evento impartindo un obradoiro de foguetes químicos e de auga o que resultou ser unha experiencia moi enriquecedora, inspiradora e divertida. 

Máis información | Xunta de Galicia

Posters obradoiro de foguetes químicos e de auga

Obradoiro foguetes posters de Raquel Veira Díaz

Presentacións proxecto NOSA marzo 2024

Presentacion-NOSA-Cansat-Galicia-6M24 de Raquel Veira (Faraquel)

Neste mes de marzo de 2024 representamos o proxecto NOSA (MarumaSat) en dous eventos moi diferentes cunha presentación adaptada a cada caso.

O 6 de marzo na Xornada prelanzamento da fase rexional do CanSat da ESA que se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

O 17 de marzo, en liña, no Transatlantic Educators Dialogue Program (TED 2024) programa no que participa profesorado de EEUU e de Europa para intercambio de experiencias e boas prácticas, reflexión sobre sistemas educativos, organización e metodoloxías e conexión para proxectos globais entre outras cousas.

EN-Presentation-NOSA-Ted-Global-Collaborations de Raquel Veira (Faraquel)

Conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e visita do secretario xeral técnico

 

No día de hoxe realizamos no centro varias actividades en relación coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia que será o vindeiro domingo 11 de febreiro. Comezamos cunha charla en liña coa astrofísica Evanthia Hatziminaoglou coa que contactamos a través do programa Skype a Scientist. Ela falounos do seu traballo como investigadora no Observatorio Europeo Austral (ESO) en Alemaña e como xefa do Centro Rexional ALMA, o radiotelescopio máis potente do mundo, situado en Chile e tamén da importancia do papel da muller na ciencia e da conmemoración deste día.

Por outra banda persoal dos CFRs de Ferrol e A Coruña acompañounos ao longo da mañá para presentar o kit didáctico de Polos Creativos creado especialmente para este día. O kit está formado por cinco actividades lúdicas para o alumnado sobre mulleres e ciencia e tamén astrónomas en particular. 

Contamos tamén coa visita do secretario xeral técnico, Manuel Vila, e persoal do seu equipo que compartiu a xornada co alumnado participando activamente nos xogos. Foi unha mañá moi interesante e divertida na que aprendemos e gozamos moito. Grazas todas e todos pola organización e por participar. 

Máis información | Edu XuntaGaliciaPress e Instagram do Club de Ciencia

Juego formulación inorgánica 3º ESO

Presentación proxectos Club de Ciencia e Polos Creativos

IES A BASELLA - NOVEMBRO 2023 de Raquel Veira Díaz

Distribuir contido


by Dr. Radut