Skip to Content

CPInclue

Actividades e proxectos enmarcadas no programa CPInclue, nomeadamente, nas liñas de inclueT, igualaT, emocionaT e conviveT

Quen e quen do Día Internacional da muller 8M

Para a conmemoración do Día internacional da Muller 8 de marzo, profesorado de secundaria do centro instalou no taboleiro da entrada un xogo xigante de "Quen é quen?" de mulleres importantes na actualidade e ao longo dos tempos en deportes, ciencia, literatura, arte e política.

Día da Paz 30 de xaneiro 2024 - Lipdub ESO

O alumnado de ESO, polo día da paz do 2024, creou para vós este lipdub en colaboración co seu profesorado.

Conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade

Co gallo do día internacional das persoas con discapacidade, 3 de decembro, na tarde do martes realizamos no centro unha "xincana dos sentidos" na que o alumnado de ESO tivo que superar unha serie de retos poñéndose no lugar de persoas con diferentes capacidades.

Conmemorando o 25N

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, pedímoslle ao alumnado de secundaria que participase nalgún dos concursos organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (concurso de lemas) e pola Equipo de Biblioteca (concurso de microrrelatos).

Os resultados foron moi interesantes como se pode comprobar nas fotos que se achegan.

As gañadoras no concurso de lemas foron:

  • na primeira categoría (1º e2º ESO): Gemma Cameán Suárez
  • na segunda categoría (3º e 4º ESO): Andriely Katily Guedes Matias e Liana Miranda Sousa

Así conmemoramos no centro o 25 N: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, leváronse a cabo no centro diversas actividades orientadas a contribuir á prevención e eliminación deste problema social tan grave.

O alumnado de 4º ESO pintou un mural no patio no que os ladrillos en negro representan as mulleres asasinadas, vítimas de violencia machista, entre o 25 de novembro do ano pasado e o 25 de novembro deste ano.

Invasión zombi no CPI O Cruce

Este artigo foi empregado para introducir un xogo de escape de Samaín que fixemos co alumnado de ESO na tarde do martes 31 de outubro. No xogo desenvolvemos actividades de: lóxica, retos lingüísticos, matemáticos, puzzles, tangram, origami, música, arte e moito máis, podedes ver máis fotos no Instagram co Club de Ciencia.

 

Esta tarde de martes 31 de outubro no CPI Plurilingüe O Cruce está sendo algo complicada... Mentres o profesorado estaba comendo castañas do magosto e o alumnado ultimando detalles dos disfraces de Samaín, un feixe de zombis chegaron a Cerceda e asaltaron o recinto do cole invadindo algúns dos seus espazos. Os xornais xa publican a fatal noticia...

Distribuir contido


by Dr. Radut