Skip to Content

INFORMACIÓN DE INTERESE

NOVAS

 

 ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

COMEDOR

 

SECRETARÍA VIRTUAL

AXUDAS


 CALENDARIO ESCOLAR

 

 

 

Calendario escolar 2024/25

Visita preparatoria Erasmus+ ao Lycée Polyvalent Ozanam (Lille, Francia)

Na primeira semana de setembro, no marco da acreditación Erasmus+, visitamos o Lycée Polyvalent Ozanam do Groupe OEC en Lille, Francia co que temos previsto facer un intercambio de alumnado neste curso 2024/25. As clases comezaron alí o 3 de setembro, así pois compartimos con eles a volta ás aulas.

Durante a viaxe preparatoria tivemos ocasión de coñecer o centro educativo, a oferta cultural, histórica, artística e científica da súa cidade e visitamos a Casa da Historia Europea en Bruxelas que tamén visitará o alumnado que participe no intercambio. Mantivemos encontros co profesorado para planificar o proxecto conxunto e adicamos algunhas horas a actividades de job shadow.

Con anterioridade, no mes de maio, Frédéric Rousselle (director internacional do Groupe OEC) visitara o noso centro no marco do mesmo proxecto. Estamos moi agradecidos ao noso novo socio internacional pola súa acollida, ilusionados co proxecto e desexando que chegue o momento de recibir e viaxar coas nenas e os nenos.

Publicación listaxes Fondo Libros e axudas para material escolar 2024/25

LIBROS TEXTO E MATERIAL PRIMARIA 24-25

Premiando a defensa do galego

Despois de visitar e analizar máis de 60 negocios do municipio para animar ao emprego da lingua galega no ámbito empresarial, o alumnado do CPI O Cruce de Cerceda decidiu recoñecer o uso que fai do galego a asesoría IPR Xestión.

Tres alumnas de 4º da ESO do CPI O Cruce (Sara Pereiro, Inés Tasende e Sara Cruz) acudiron o pasado 18 de xuño ata a asesoría IPR Xestión para entregarlle o diploma acreditativo do I Premio ao uso do galego nas empresas 2024, un recoñecemento público que decidiron outorgar a partir deste ano a negocios de Cerceda que destaquen por usaren a lingua propia na súa rotulación, información, traballo, atención ao público, publicidade e redes sociais.

Nesta primeira edición acordaron premiar a IPR Xestión, unha asesoría da que destacaron o uso que fai da lingua propia, que vai máis alá da rotulación e da publicidade. Deste xeito, salientaron tamén a visibilidade da nosa lingua nas redes sociais, na información que hai no propio local, na atención ao público... pero, sobre todo, no día a día do traballo normal da empresa.

A través do proxecto da materia de Lingua Galega e no marco da campaña “Aquí tamén se fala”, rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO visitaron desde o mes de marzo bares e restaurantes, gasolineiras, xestorías, panadarías, fábricas, farmacias, tendas..., para animar e visibilizar o uso do galego. Na atención ao público xa constataron que se fai de xeito moi maioritario, mais na rotulación e información escrita tamén é bastante frecuente nos establecementos da localidade. Ademais, fixáronse no emprego que se fai da lingua coa finalidade de, agora, recoñecer unha empresa que destaca de maneira especial no uso do galego.

Matrícula Infantil, Primaria e ESO curso 2024/25

Ábrese o prazo de matrícula para o alumnado de E. Infantil e E. Primaria de nova incorporación ao centro. O prazo permanecerá aberto entre os días 20 de xuño e o 1 de xullo.

O horario de atención ao público na secretaría do centro será:

  • De 9:45 h a 15:00 h os días 20 e 21 de xuño.
  • De 9:00 h a 14:00 h na semana do 25, 26, 27, 28 de xuño e 1 de xullo.

A documentación que teñen que presentar é:

  • Anexo de formalización de matrícula.
  • Autorizacións de recollida.
  • Consentimento do tratamento de imaxes.
  • Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais.
  • Cuestionario lingua materna (so para 4º de E. Infantil).
  • De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio (no caso de non telo entregado no período de solicitude de admisión).
  • Para o alumnado xa escolarizado noutro centro: certificado de matrícula do centro de procedencia.

No caso da ESO o prazo de matrícula estará aberto entre os días 26 de xuño e 8 de xullo. Poderán presentar a documentación en secretaría en horario de 9.30 h a 13:30 h. No caso do alumnado de secundaria será necesario presentar:

  • Anexo de formalización de matrícula.
  • Autorizacións de recollida.
  • Consentimento do tratamento de imaxes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut