Skip to Content

Simulador de voo de Polos Creativos para celebrar o Entroido

 

No marco do programa Polos Creativos, o venres 17 de febreiro, antes do Entroido, organizouse unha actividade de simulación de voo con croma coa colaboración de alumnado de 1º ESO do Club de Ciencia. Pasámolo pipa!

Premio para o alumnado de 3º ESO no concurso escolar sobre RCP do Colexio Oficial de Médicos

Premio RCP

No día de hoxe o alumnado de 3º ESO recibiu na Cidade de Cultura un premio pola súa participación no concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar do Colexio Oficial de Médicos. Os centros premiados foron xunto co noso, Centro Público Integrado CPI O Cruce, o instituto IES Perdouro de Burela, o colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e o colexio CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros. 

Saída a Santiago

O 24 de febreiro fixemos unha saída a Santiago co alumnado de 2º ESO.

Asistimos   ao concerto de música tradicional galega Música e evolución, que tivo lugar no Auditorio de Galicia e contou con  Pablo Carpinteiro Arias e Rosa Sánchez.

Mandadiños do Bartolo para o Entroido

Visita de profesorado da Escola ESIL de Mozambique

O pasado mércores 1 de febreiro recibimos no cole a Amilton e Simião, profesores da Escola Secundária Inácio de Loiola (ESIL) de Tsaladzi, Tete (Mozambique) cos q compartimos o día a través da observación e o intercambio de experiencias.

Concerto didáctico en Santiago

O 2 de febreiro fuimos co alumnado de 3º da ESO ao Auditorio de Galicia de Santiago para asistir ao concerto Xogo de espellos.Unha ollada a través da música electrónica,con obras para piano,orquestra e electrónica do compositor e pianista Javier Otero.O concerto tivo como intérpretes  ao propio Javier Otero ao piano xunto a Rubén Iglesias ao baixo eléctrico e sintetizadores e aos músicos da Real Filharmonía de Galicia.

ÉRASE UNHA VEZ EN RIANXO

Hoxe o alumnado de 4º ESO desprazouse a Rianxo para realizar o roteiro de Castelao e visitar a Casa-Museo de Manuel Antonio.

Tiveron a sorte de contar cun día fantástico e así poder aproveitar mellor o tempo para coñecer os espazos  vitais de dous dos autores máis fundamentais da literatura galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut