Skip to Content

Inglés

Departamento do mesmo nome

Alumnado de 1º ESO participa na Digitalweek en Os Peares

Entre os días 5 e 11 de novembro de 2023, 25 alumnas e alumnos de 1º ESO participan na Digitalweek no centro de inmersión lingüística de Os Peares. Organizado pola CCEFPU, é un programa de inmersión lingüística en inglés a través do desenvolvemento de actividades dixitais, nomeadamente: robótica, creación de páxinas web, deseño, escaneo e impresión 3D e tamén actividades físicas, de convivencia e cultura.

Máis información | Digitalweek

Alumnado de 2º ESO participa na Spring Week 2023

Ao longo desta semana, entre o 7 e o 13 de maio, 25 alumnas e alumnos de 2º ESO participaron no programa Spring Week da CCEFPU no centro de inmersión lingüística de Os Peares, acompañados pola súa profesora de inglés Asun del Valle. Alí realizaron múltiples actividades nunha semana intensa de aprendizaxe e convivencia, que agardamos quede no seu recordo como unha experiencia inesquecible.

Máis información | Spring Week

Cloud Photo Contest

O departamento de inglés colabora co club de ciencia no CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NUBES. 

Le ben as bases que aparecen aquí, mira moi ben ao ceo, caza historias nel, atopa personaxes escondidos nas nubes, disfruta da actividade e sorte cos premios!

 

 

Departamento de inglés- Curso 22/23

O departamento de inglés neste curso 22-23 está formado por María Asunción del Valle Cortiñas, profesora titular e xefa de departamento, quen imparte os cursos de 2º, 3º e 4º de ESO, e Juan José González Luaces, profesor de Historia que imparte inglés en 1º de ESO.

Cinema en curso

This year the English department participates in various programs and projects that we have at school.
Together with the plastic arts, Spanish language and Galician language departments, we will try to 
ensure that students enjoy the fortunate experience of 'Cinema en curs' learning to look at the world
with emotion and sensitivity. In the project we will work with a lot of schools in Spain, Europe and
America, which will help us to put our knowledge of English into practice. We are already taking our
first steps in this exciting world of audiovisuals
.

Este ano o departamento de inglés participa en varios programas e proxectos dos que temos no cole.

Xunto cos departamentos de plástica, lingua castelá e lingua galega, trataremos de que o alumnado
disfrute da afortunada experiencia de 'Cinema en curso' aprendendo a mirar o mundo con
emoción e sensibilidade. No proxecto traballaremos cun grupo de escolas de España, Europa e
América, o que nos axudará a por en práctica o noso coñecemento do inglés. Xa estamos dando
os nosos primeiros pasos neste apasionante mundo do audiovisual.

 
 
 
 

Departamento de inglés - Curso 20/21

O departamento este curso é unipersoal. Mª Asunción del Valle Cortiñas, é a xefa de departamento e profesora da materia en 2º, 3º  e 4º ESO

Begoña Queiro Verdes é a, profesora de Xeografía e Historia, exerce tamén de profesora de inglés en 1º ESO

Programación 22/23

´planning

You can read the planning of the subject for this school year in the attached file.

Tendo en conta que neste curso hai dúas programacións correspondentes a cada unha das leis vixentes, aquí estarán dispoñibles:

1º /3º ESO LOMLOE: Resumo criterios de avaliación.

2º /4º ESO LOMCE: Programación

Distribuir contido


by Dr. Radut