Skip to Content

CPInnova

Fabricamos xabrón con aceite de cociña reciclado e filtrado

No marco do CPInnova, na liña de sostibilidade, traballamos na reciclaxe de aceite de cociña, procedente das casas dos membros da comunidade educativa e do propio comedor do centro. De xeito conxunto do departamento de Artes Plásticas e o de Física e química traballan neste proxecto interdisciplinar co alumnado de 4º ESO fabricando con este aceite usado, unha vez filtrado, xabrón para uso doméstico.

Plan de aforro enerxético e de recursos creado polo alumnado de 2º ESO

Lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V desde a Cidade da Cultura de Galicia

 

O pasado mércores 10 de maio compartimos co IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), o IES Miraflores (Oleiros) e o IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) unha xornada emocionante de aprendizaxe, ciencia e cultura co gallo do lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V desde a Cidade da Cultura de Galicia.

A Misión 360 foi un éxito, a cápsula foi recuperada en Quiroga (Lugo) poucas horas despois do lanzamento con todos os seus compoñentes. Queda por diante agora moito traballo de edición de imaxe e video e tratamento de datos para extraer resultados das investigacións asociadas. 

Agradecemos a Enaire o seu tempo para a xestión do permiso para o lanzamento á CCEFPU o seu apoio e tamén ao CAFI e á propia Cidade da Cultura pola colaboración nas tarefas de organización.

Moitos medios de comunicación difundiron a nova do lanzamento sobre o que podedes ver, oir e ler en CRTVG, RTVE, Praza, SER, COPE, A3 ou La Voz de Galicia entre outros. Moitas grazas a todos!

Máis información | NOSA

Formámonos en compostaxe co proxecto Res4VALOR

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 2º ESO participou nunha charla sobre compostaxe impartida por Sogama en colaboración co Concello de Cerceda no marco do programa Res4VALOR. Aprendemos todo o necesario para poñer en marcha o noso composteiro que instalaremos nos vindeiros días para tratar de producir o noso propio fertilizante a partir dos residuos orgánicos, xerados a partir das merendas nos tempos de lecer, para abonar os cultivos do horto escolar do centro.

Conmemoración do Día Internacional da Nai Terra (22 de abril 2023)

Seguindo cos nosos plans de conmemorar as datas más importantes da Axenda Verde, esta semana lembramos que o vindeiro sábado 22 de abril celébrase o día internacional da Nai Terra. Para a ocasión o alumnado de 2º ESO A traballou nunha versión moi especial dunha canción famosa inspirándose no medio ambiente depois de unhas cantas probas... Decidíronse por esta:

"Waka-Waka medioambiental"

[Verso 1]

Limpeza, limpeza

Non hai tempo que perder

Polo mundo, a natureza

Debemos protexer

[Verso 2]

No aire, no mar

A contaminación

Ten efectos sen igual

É unha grande preocupación

[Coro]

A Terra, a Terra

O noso fogar

Temos que coidar

Para poder gozar

[Waka, waka]

 

[Verso 3]

Reciclar, reutilizar

É a solución

Para reducir o impacto

Da nosa produción

[Verso 4]

Cada día, cada hora

Hai que tomar acción

Para deixar un planeta

Mellor para a próxima xeración

[Coro]

A Terra, a Terra

O noso fogar

Temos que coidar

Para poder gozar

[Waka, waka]

[Puente]

Se actuamos xuntos

Podemos facer un cambio

Para que as nosas futuras xeracións

Non herden un mundo extraño

[Coro]

A Terra, a Terra

O noso fogar

Temos que coidar

Para poder gozar

[Waka, waka]

Adaptación da letra do Waka-Waka de Shakira creada coa aplicación de Intelixencia Artificial ChatGPT

Día meteorolóxico mundial 23 de marzo

 

Día mundial da auga 22 de marzo

Mural dia auga elaboracion

O mércores 22 de marzo conmemoramos o día mundial da auga, traballando nas aulas con actividades de sensibilización para fomentar un consumo responsable e o alumnado de 2ºESO A elaborou un mural no que se pon de manifesto que cada pinga de auga conta. Para iso contou coa colaboración do alumnado de infantil e primaria xa que cada estudante desas estapas pintou a súa propia pinga e se foron pegando todas xuntas ao longo da mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut