Skip to Content

Física e Química

Lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI

O pasado mércores 22 de maio na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) tivo lugar o lanzamento da sexta cápsula estratosférica da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA). A MarumaSat VI desenvolveu a Misión AsubIA con obxectivos diversos entre eles algúns centrados no son e a Intelixencia Artificial.

O lanzamento foi un tanto accidentado xa que nun primeiro intento un erro no último paso do proceso de atado fixo que o globo se soltase levando o paracaidas con el pero deixando a cápsula en Terra. Afortunadamente este ano tiñamos reposto de todo y puidemos facer un segundo intento que si resultou existoso. 

A predición da traxectoria apuntaba cara os Ancares como lugar de aterraxe, pero finalmente o cambio de globo por outro con especificacións técnicas lixeiramente diferentes fixo que a cápsula os atravesase acabando por aterrar xa en Castela. A altura máxima acadada nesta ocasión foi de 32 km, non batimos ese récord pero si o de alcance máximo.

Coa cápsula xa recuperada nesa mesma tarde por alumnado de varios dos centros participantes e coa inestimable axuda dos radioafeccionados que nos acompañan en todos os lanzamantos, toca agora proceder á análise de datos, cotexo de mostras, etc para acabar de desenvolver os experimentos e investigacións se presentarán no VI Congreso NOSA en 2025.

Proxecto eTwinning "The Nature on Stage"

Chain Story The Nature on Stage de Raquel Veira Díaz

No marco do proxecto eTwinnig "The Nature on Stage" no que participamos, creamos varios productos finais en colaborción cos socios de Turquía, Italia, Polonia e Georgia, entre eles este divertido eBook sobre natureza e enerxías renovables no que parte da historia transcorre en Cerceda co noso alumnado como co protagonista. 

A Intelixencia Artificial foi unha das ferramentas empregadas na súa creación. Foi utilizada na redacción de parte dos textos e na elaboración dalgunhas das imaxes.

Actividades de internacionalización

22 maio 2024 - Ferrol de Raquel Veira Díaz

Marabillas esféricas

esferificacions de Raquel Veira Díaz

Posters obradoiro de foguetes químicos e de auga

Obradoiro foguetes posters de Raquel Veira Díaz

Experimentos con ovos

Experimentos con ovos de Raquel Veira Díaz

V Congreso NOSA - Misión asubIA

Ligazón ao formulario de inscrición: https://forms.gle/t8D8QMj2hQbFBUm39

 

Made with Padlet

Cartel do Congreso: Deseño de Alejandro Bouza Sánchez 2º ESO A

 

Programa do Congreso: 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut