Skip to Content

Física e Química

Día meteorolóxico mundial 23 de marzo

 

Día mundial da auga 22 de marzo

Mural dia auga elaboracion

O mércores 22 de marzo conmemoramos o día mundial da auga, traballando nas aulas con actividades de sensibilización para fomentar un consumo responsable e o alumnado de 2ºESO A elaborou un mural no que se pon de manifesto que cada pinga de auga conta. Para iso contou coa colaboración do alumnado de infantil e primaria xa que cada estudante desas estapas pintou a súa propia pinga e se foron pegando todas xuntas ao longo da mañá.

Día internacional dos bosques 21 de marzo

Alumnado 2ºA recollida de lixo

O martes 21 de marzo de 2023 conmemoramos o día internacional dos bosques cunha recollida de lixo en espazos naturais na contorna do centro. O alumnado de 2ºA que traballa neste curso na conmemoración das datas máis sinaladas da axenda verde planificou e desenvolveu a actividade.

Alumnado de 4º ESO viaxou a Grecia no marco do proxecto Erasmus+ "Undertaking, Recycling and Creating"

Recentemente 12 estudantes de 4º ESO viaxaron a Grecia, xunto coas profesoras Asunción del Valle, Pilar Tabarés e Raquel Veira, no marco do proxecto Erasmus+ "Undertaking, Recycling and Creating" coordinado pola Asociación de empresarios do polígono de Sabón. 

III Maratón de astropartículas en Cerceda

O xoves 15 de outubro celebrouse no CPI O Cruce a III Maratón de Astropartículas, organizada pola profesora M. Dolores R. Frías da Universidade de Alcalá de Henares e cofinancidada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT), con ponencias de Ramón Iglesias Marzoa, do observatorio astronómico de Javalambre en Teruel; Mario Gómez profesor na Universidade de Huelva e Luis del Peral profesor na Universidade de Alcalá de Henares.

Máis infor e fotos | Club de Ciencia, La Voz de Galicia e FECyT

Distribuir contido


by Dr. Radut