Skip to Content

Novas

INFORMACIÓN DE INTERESE

PRAZOS DE MATRÍCULA

EXAMES DE SETEMBRO

VOLUNTARIOS COMEDOR

LIBROS DE TEXTO

FONDO LIBROS E AXUDAS


CALENDARIO ESCOLAR

Publicado o "Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19" para o curso 2020-2021

O documento diríxese ao alumnado, ao persoal docente e non docente e ás familias, dado que manter a seguridade nos centros depende de toda a comunidade educativa. Trátase dun protocolo avalado polas autoridades sanitarias autonómicas e que será obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais:

"PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021"

 

O CPI O Cruce será escola embaixadora do Parlamento Europeo no curso 2020-2021

 

Seis centros galegos resultaron preadmitidos para participar no programa "Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo", entre eles o CPI O Cruce. O programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre a xuventude. 

Consultar a listaxe de centros preadmitidos para o curso 2020-2021

Máis información | Programa escolas embaixadoras

AVISO - Cuestionario Erasmus+ Ocean Connections Pilot 2 (xullo 2020)

O alumnado que participa no proxecto Erasmus+ Ocean Connections rematou o prazo

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Achégase, no ficheiro adxunto, a información relacionada coa publicación das listaxes do fondo solidario de libros de texto e coas datas de entrega dos vales de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar, para Educación primaria e secundaria.

Máis información | Fondo Libros

Libros de texto curso 2020/2021

Achégase o listado de libros de texto de primaria e secundaria para o curso 2020/2021 nos ficheiros adxuntos.

Recoñecemento para alumnado do CPI O Cruce no marco do concurso "Atrévete a ter unha idea"

En "La Voz de Galicia" facíanse eco esta fin de semana do recoñecemento a estudantes do CPI O Cruce no concurso "Atrévete a ter unha idea", do Plan de Emprendemento "eduemprende".

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2020/2021

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2020/2021 colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 11 de setembro de 2020. Podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso ata o 21 de decembro de 2020.

Prazos de matrícula. Curso 2020-2021

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2020-21

PRAZO: do 1 ao 10 de xullo de 2020

 

IMPORTANTE

Recórdase que en Infantil e Primaria a matrícula só a teñen que facer os alumnos e alumnas que o vindeiro curso van a entrar no centro en 4º de Educación Infantil ( 3 anos) e todo o alumnado novo que proceda doutros centros.

Na ESO teñen que facer a matrícula todos os que promocionaron en XUÑO

A secretaría do centro permanecerá aberta para atención ao público en horario de 9:30 a 14h de luns a venres.

O alumnado de novo ingreso ten que formalizar a matrícula nos seguintes prazos:

 

 

INFANTIL

 

1 e 2 de xullo

 

PRIMARIA

 

1 e 2 de xullo

 

 

TODO o alumnado da ESO que promocionase en xuño ten que formalizar a matrícula nos plazo seguintes

 

ESO

 

3º e 4º

3 , 6 e 7  de xullo

1º e 2º

8, 9 e 10  de xullo

 

 

Instrucións para solicitar axudas de COMEDOR

As solicitudes de axudas deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.

As familias que non  teñan posibilidades de facer esta tramitación, poden facela a través do centro, para iso deben  aportar  por vía telefónica  (de 9:30 a 13:30 h)  chamando ao telf: 881 880501 e/ou por e-mail:  cpi.cruce@edu.xunta.es  os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Se algunha familia non quere facilitar a conta bancaria pode autorizar  á Xunta a consulta de datos

O centro xa se encarga tramitalo

Distribuir contido


by Dr. Radut