Skip to Content

Comedor

Menús comedor

Solicitude servizo de comedor curso 2022/2023

Publicada a Instrución 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura Eduación e Universidade do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión directa no curso escolar 2022-2023, ábrese o prazo para que as familias que desexen solicitar servizo de comedor para o vindeiro curso presenten presencialmente ou por vía telemática (ao correo electrónico do centro) cubertos os dous impresos que se achegan:

- Solicitude

- Anexo II

As persoas que non teñan posibilidade de imprimir na casa poden pasar a recoller os impresos en papel que estarán á súa disposición no vestíbulo do centro.

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2022/2023

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2022/2023 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 7 de setembro de 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut