Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2020/2021
Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2020/2021 colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 11 de setembro de 2020. Podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso ata o 21 de decembro de 2020.
Moitas grazas pola súa colaboración!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo III comedor.pdf | 158.6 KB |
Ficha atención coidadores-as comedor.pdf | 70.4 KB |