Skip to Content

Música

Departamento do mesmo nome

Concerto en Santiago en abril

O 25 de abril asistimos con alumnado de 2º e 3º da ESO ao concerto Pleasure Island  no Auditorio de Galicia de Santiago, coa Real Filharmonía de Galicia baixo a  batuta de Sebastián Zinca con obras de Januibe Tejera e Igor Stravinski, con coreografía e danza de Ariadna Montfort e Estela Merlos.

 

 

Tamén visitamos  a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

 

Podcast "El acoso escolar"

 

 

 

Andriely y Liana,de 3º ESO, abordan neste podcast un tema preocupante: o acoso escolar. Baseándose nos datos publicados na guía sobre o acoso publicada pola CEAPA (Confederación Española de Padres y Madres de Alumnos), tentan dar resposta a cuestións basicas sobre o acoso: quen son os seus protagonistas e  qué consecuencias sufren, que síntomas presentan as víctimas,que pautas de actuación deben seguir as familias,entre outras.

Podes escoitar o podcast no cartafol adxunto.

Tamén podes escoitalo  en Spotify: 

 https://open.spotify.com/episode/3etNsaT0so0w2gApR2RFjl

Podcast "El hip-hop cumple 50 años"

 

 

Os alumnos de 2º ESO Teo Buceta, Hugo Basadre e David Urzeda  fan neste podcast un repaso á historia do hip-hop,incluíndo cancións de artistas representativos de cada etapa,e tamén explican os elementos que forman a cultura hip-hop.

Podes escoitar o podcast no ficheiro adxunto.

 Tamén está dispoñible en Spotify,dentro do podcast A radio Tola de Cerceda: https://open.spotify.com/show/4VdVCinhuKDt8zSLN8Npp8

Concerto en Santiago en xaneiro

O 11 de xaneiro fomos co alumnado de 2º ESO A e B ao Teatro Principal de Santiago para ver o  espectáculo "Frida", baseado na vida da pintora Frida Kahlo,  cos actores  Cristina Collazo e Martiño Mato e a Banda Municipal de Música de Santiago.

 

 

Podcasts e blog do alumnado de Proxecto Competencial

O alumnado de Proxecto Competencial de 2º e 3º de ESO grabou dous podcasts para presentar os seus traballos sobre mulleres que publicaron no blog Proxecto Competencial CPI O Cruce, en Blogger.

Neste enlace  pódese acceder ao blog:

https://proxectocompetencialocruce.blogspot.com/

E no seguinte  enlace pódense escoitar en Spotify os dous podcasts (dende 15:22), que forman parte do primeiro podscast mensual de A Radio Tola de Cerceda,a radio escolar do noso colexio.Neste episodio hai tamén outras seccións moi interesantes feitas polo alumnado de primaria e de educación infantil.

https://open.spotify.com/show/4VdVCinhuKDt8zSLN8Npp8

 

 

Programación didáctica Música 3º ESO 23/24

No arquivo adxunto está  a Programación didáctica de Música de 3º ESO para o curso 23/24.

Programación didáctica Música 2º ESO curso 23/24

No arquivo adxunto está  a Programación didáctica de Música de 2º ESO para o curso 23/24.

Distribuir contido


by Dr. Radut