Skip to Content

Música

Departamento do mesmo nome

Podcast con entrevista a músicos do noso colexio

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que fixo Ainara,de 3º B, a algúns dos talentos musicais do noso centro: Elia,de 2º A; Celia, de 3º B;e Martín, de 4º B.Nela contan as actividades musicais que realiza cada un deles fora do horario escolar, e podedes escoitar tamén unha peza que toca Martín na gaita.

Moitas grazas a os catro por este primeiro programa de  Música no Cruce,o programa musical de Radio Aloumiños.

https://go.ivoox.com/rf/105042689

 

Saída a Santiago

O 24 de febreiro fixemos unha saída a Santiago co alumnado de 2º ESO.

Asistimos   ao concerto de música tradicional galega Música e evolución, que tivo lugar no Auditorio de Galicia e contou con  Pablo Carpinteiro Arias e Rosa Sánchez.

Concerto didáctico en Santiago

O 2 de febreiro fuimos co alumnado de 3º da ESO ao Auditorio de Galicia de Santiago para asistir ao concerto Xogo de espellos.Unha ollada a través da música electrónica,con obras para piano,orquestra e electrónica do compositor e pianista Javier Otero.O concerto tivo como intérpretes  ao propio Javier Otero ao piano xunto a Rubén Iglesias ao baixo eléctrico e sintetizadores e aos músicos da Real Filharmonía de Galicia.

Charla de Richi Casás

O doce de decembro o músico cercedense Richi Casás deu unha charla no Auditorio para o alumnado de Primaria sobre música tradicional e a súa utlización no álbum que grabou co seu grupo,titulado "Fuliada na Vila".

Como parte do acto, un grupo de alumnas e alumnos de Primaria e Secundaria xunto con todo o alumnado asistente como público interpretaron o  "Canto de Nadal da Vila da Igrexa",unha peza que cantaba a avoa de Richi, Rosa Casás,e que forma parte do "Cancioneiro Popular Galego" que compilou Dorothé Schubarth coa colaboración de Antón Santamarina.

 

 

Concerto do 4 de maio

O 4 de maio un grupo de rapazas e rapaces de Primaria e Secundaria do centro,coa colaboración dos profesores de Música,Martín Nogueira e David Sanz, deron un pequeno concerto con pezas de música tradicional galega con motivo da visita ao centro dun grupo de profesores e alumnos de Grecia e Portugal, no marco do proxecto Erasmus+ "Undertaking, Recycling and Creating".

Visita ao Viveiro de Empresas Municipal de Cerceda

O 30 de marzo fuimos  co alumnado de IAEE 4º ESO ao Viveiro de Empresas Municipal de Cerceda,puidendo visitar  as excelentes instalacións das que dispón   e coñecer de primeira man a experiencia dalgúns dos emprendedores que teñen instalada aquí a súa empresa.

Concerto no Palacio da Ópera de A Coruña

O 24 de marzo asistimos con alumnado de 2º e 3º ESO a un excelente concerto do grupo L´Rollin Clarinet Band no Palacio da Ópera de A Coruña.

Aquí estamos todos diante da cascada xunto ao Palacio da Ópera:

E aquí pode verse aos  músicos nun momento do concerto, "dándoo todo":

Distribuir contido


by Dr. Radut