Skip to Content

Francés

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL – BRETAÑA (FRANCIA) 2023/2024

 

Do venres 16 ao venres 23 de febreiro 2024, o CPI O Cruce acolleu a 20 alumnos franceses de Riantec (na Bretaña francesa) e as súas respectivas profesoras.

A través do programa EduExchanges, os alumnos franceses viñeron a coñecer a seus amigos de 3º e 4º da ESO, cos que realizan intercambios regulares dende fai varios meses, aloxándose nas súas respectivas casas. Asistiron ás clases e ás distintas actividades que lles preparamos no colexio: experimentos, gravación dun podcast e incluso celebración do día de Rosalía de Castro no Auditorio. Ademais descubriron todos xuntos algúns dos atractivos turísticos da nosa provincia visitando as cidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

Este proxecto non só busca fortalecer as habilidades lingüísticas dos nosos estudantes, senón tamén fomentar a comprensión intercultural e a apreciación mutua. Confiamos en que esta experiencia contribuirá de maneira significativa ao desenrolo persoal e académico do noso alumnado.

Dentro dunhas semanas devolverémoslles a visita... À bientôt!

Concurso de Postais de Nadal - 1º ESO

DELF A2

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Este ano presentáronse 8 alumnos de 4º ESO para a obtención do diploma... e tod@s aprobaron!

FÉLICITATIONS!

 

Intercambio a Francia. Por que decidiches participar nesta experiencia?

Ademais da creación dun vídeo, o alumnado participante no intercambio a Francia ofreceu unha charla nos distintos grupos de 2º e 3º ESO para dar a coñecer a súa experiencia, resaltando as vantaxes de participar nun proxecto destas características. 

 

O CEO DE RIANTEC (METEOESCOLAS / PLAN PROXECTA)

 

Antes...

Hoxe fixéronnos unha proposta aos estudantes de francés: participar nun intercambio lingüístico. Se o aceptamos, cada unha das dez persoas que estean interesadas terá que convivir durante nove días cunha familia no norte de Francia, na Bretaña francesa.

Aínda que pareza algo moi arriscado, gustaríame poder vivir esta experiencia xunto cos meus amigos. Só viaxamos unha vez xuntos e en moi poucos meses separámonos. Nunca máis volveremos a poder vivir todo isto, estar todos xuntos.

Penso que desfrutaría moito e ata creo que nos uniría a todos un pouco máis, pois non é o mesmo vernos todos os días na escola que estar fóra da casa durante esas dúas semanas.

Ademais, estou segura de que aprendería moito, tanto a falar e entender mellor o francés, como a desenvolverme por min soa. Isto sería moi bo e sobre todo penso que me faría moi ben, pois ao ser tan tímida e calada podería comezar a falar con maior facilidade coas persoas descoñecidas, por exemplo. Abriríame un pouco máis.

E non só iso, tamén afastarme uns días do que é a miña rutina diaria e o meu mundo. Creo que é moi importante, así como coñecer lugares novos.

Teño moitas ganas de ir, pero hai un problema. Xa falei coa miña familia en varias ocasións e teño entendido que non aceptarían esta proposta. Pero eu quero facelo, quero vivilo.

Sei que é difícil, teñen medo. Pero é normal, en realidade eu tamén o teño. Aínda así, sei que é unha experiencia única e inesquecible que non podo desaproveitar. Con respecto á familia que me acollería en caso de ir, faríano por vontade propia, polo que penso que buscarían o mellor para min.

E por todo isto, agora mesmo o único que penso e desexo é:

Mamá, déixame ir, por favor.

 

Despois...

Unha vez de volta podo afirmar todo o anterior, todo o que pensaba desta experiencia.

Aínda que non pareza real, en tan só nove días podes aprender moito o idioma, ata o punto de que durante a miña estancia en Francia non me saía o inglés de tanto escoitar o francés.

A familia o mesmo, unhas persoas encantadoras que sempre me proporcionaron todo o necesario para que o pasara o mellor posible.

Pero, o mellor sen dúbida foi o que xa pensaba dende o comezo, antes de ter a aprobación da miña familia que finalmente tiven: as excursións e os momentos únicos cos meus amigos.

Aínda así, todo o intercambio foi xenial, sen ningunha parte negativa.

Recomendaríao sempre.

 

Antía Martínez Regueiro

Alumna de 4º ESO A

 

GASTRONOMÍA POLO MUNDO: Francia e as crêpes

O alumnado de francés de 3º ESO chega disposto a abrirnos o apetito co seu concurso "Gastronomía polo mundo", no que nos falan da orixe e as tradicións que hai detrás do coñecido prato da crêpe francesa.

Bon appétit!

Festival da Francofonía (Vilanova de Arousa)

O pasado 9 de maio, o alumnado de 1º e 3º de ESO participou xunto a unha quincena de institutos de toda Galicia no Festival da Francofonía celebrado en Vilanova de Arousa. Unha multitude de alumnas e alumnos congregouse no pavillón da vila coa finalidade de promover a lingua francesa e dar a coñecer a creación cultural e artística do mundo francófono.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut