Skip to Content

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL – BRETAÑA (FRANCIA) 2023/2024

 

Do venres 16 ao venres 23 de febreiro 2024, o CPI O Cruce acolleu a 20 alumnos franceses de Riantec (na Bretaña francesa) e as súas respectivas profesoras.

A través do programa EduExchanges, os alumnos franceses viñeron a coñecer a seus amigos de 3º e 4º da ESO, cos que realizan intercambios regulares dende fai varios meses, aloxándose nas súas respectivas casas. Asistiron ás clases e ás distintas actividades que lles preparamos no colexio: experimentos, gravación dun podcast e incluso celebración do día de Rosalía de Castro no Auditorio. Ademais descubriron todos xuntos algúns dos atractivos turísticos da nosa provincia visitando as cidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

Este proxecto non só busca fortalecer as habilidades lingüísticas dos nosos estudantes, senón tamén fomentar a comprensión intercultural e a apreciación mutua. Confiamos en que esta experiencia contribuirá de maneira significativa ao desenrolo persoal e académico do noso alumnado.

Dentro dunhas semanas devolverémoslles a visita... À bientôt!



story | by Dr. Radut